Actividade do ourizo e das púas.

A semana pasada as mestras deixáronnos unha actividade moi chula, na cal o protagonista era un ourizo.

A aula de tres anos púxolle de nome Coidado coas miñas púas, non te piques. A actividade consistía en poñerlle ao ourizo tantas púas como marcaba o dado.

A aula de catro anos chamoulle As púas de Pincho, e consistía en poñerlle, na primeira tirada, a Pincho tantas púas como marcara o dado, pero ollo, porque na segunda tirada tíñamos que ver que número nos tocaba, pero esta vez en lugar de poñerllas tíñamosllas que sacar, e así sucesivamente.

Por último, a aula de cinco anos nomeouna como Pon e saca púas, e ao igual que os nenos de catro anos consistía en poñer e en sacar púas. Así pois na primeira tirada tocábanos poñerlle ao noso ourizo tantas púas como número nos saía, pero coidado, porque na segunda tirada tocaba sacarllas. Tíñamos que estar moi atentos para ver se llas podíamos sacar ou non.

O máis importante desta actividade foi que estivemos traballando aspectos de lóxica - matemática (cantidades, números, sumas, restas, máis que, menos que,...) dunha maneira totalmente lúdica e sen case darnos de conta.

Deixámosvos unhas fotografías do ben que o pasamos.

Coidado coas miñas púas, non te piques.

Alessia

Amelia

Andrés

Carla

Iván

Lara

Lucía

Martina

Noa Fernández

Noa Romay

Xiana

As púas de Pincho.

Ariana

Breogán

Daniel

David

Nicolao

Sara

Pon e saca púas.

Álvaro

Antón

Aroa

Candela

Cristina

Eloi

Lía

Nicolás

Pablo

Samuel

Sara