LEITE DE CORES A semana pasada as mestras propuxéronos unha actividade moi chula, consistía en facer un experimento con leite, colorantes alimentarios, xabón dos platos e bastoncillos. O primeiro que tíñamos que facer era verter un pouco leite nun prato, logo engadir unhas gotas de colorantes alimentarios e por último meter un bastoncillo dos oídos con un pouco de lavaplatos e ver o que ocorría. O que ocorreu foi que, ao introducir o bastoncillo con xabón, as cores íanse dispersando formando diferentes figuras. Isto sucedía porque a leite ten graxa e ao poñerlle o lavalouzas estas “escapan” correndo cara os laterais do plato. Sen embargo se introducíamos o bastoncillo soamente, sen lavalouzas, non pasaba nada, pois non había nada que atacase esas graxas. A continuación deixámosvos unha serie de fotografías nas que se amosa o ben que o pasamos.
Noa Fernández
Sara Cepeda
Martina
Daniel
Pablo
Carla
Nicolao Candela
Noa Romay Breogán Álvaro Mar Martín Amelia Mateo Vázquez
Lucía |
|||