Ola nenos e nenas, a partir de mañá domingo 26 de abril xa poderedes saír a dar pequenos paseos ás rúas. Sabemos que tendes moitas ganas, pois xa hai moito tempo que estamos metidos nas nosas casas por iso do coronavirus. Hoxe quero deixarvos un pequeno conto (documento adxunto) onde explica como deberemos facer nestas saídas á rúa. Espero que vos guste moito e que o pasedes moi ben. Como vos dixen nas videochamadas sodes moi valentes e estádelo facendo xenial, por iso agora vos queren premiar deixándovos saír un ratiño a xogar, aínda non poderedes ir aos parques nin tampouco xuntarvos cos amigos, pero estou segura que iso pronto chegará. Polo momento podedes saír a correr, xogar un ratiño co balón, etc., recordando sempre que debemos manter a distancia cos outros nenos e/ou adultos que nos atopemos. Se queredes, e vos apetece, podedes facer algunha fotografía das vosas saídas e enviárnolas ao mail da aula, logo as compartiremos todas no blogue de infantil. Cada día que pasa é un día menos para que nos poidamos atopar todos de volta na escola. Unha aperta e un bico xigante para cada un de vós.
|
|||||||