RELIXIÓN-MYRIAM--SEMANAS do 27 - 30 de ABRIL e do 4 - 8 de MAIO

MENSAXE Á FAMILIA

   Ola familia, estamos aquí de novo para continuar coa nosa labor educativa cos vosos fillos. Despedímonos da profe Dulce que tan ben o fixo, pero toca cambio. Moitos de vós xa me coñecedes, e para os novos os meus saúdos máis cordiais.

   Estamos a pasar unas circunstancias moi estrañas e difíciles para todos, pero pídovos que teñades moita paciencia cos vosos peques e os sigades axudando tan ben como o estades a facer.

   Como profe de reli anímovos a facer nalgún momentiño algunha pequeniña oración cos fillos, e a non perder nunca a esperanza que é a que nos mantén fortes i en pé; por moi dura que sexa a situación xeral i en particular de cada un de vós,  hai que continuar.

   Moito ánimo e a seguir coidando a esas personiñas, que mañán serán homes e mulleres de ben para a nosa sociedade que tanto os necesita.

 

                                Un abrazo cariñoso para vós

                         e sobre todo para meus nenos do cole.

                                         Profe Myriam

 

MENSAXE PARA OS NENOS/AS

 

   Ola rapaces, como estades? Boteivos moito de menos e dame moita pena non poder darvos un abrazo coa volta ao cole.

   Son días e semanas longas, pero non duran sempre, así que moito ánimo, tende moita paciencia e sobre todo cos vosos pais e nais; Coidade moito e con cariño dos vosos avós , avóas e irmáns se os tendes.

   Dádevos moitos bicos e abrazos, e se alguna vez tendes ganas de chorar pois facédeo, as bágoas limpan e calman a alma; iso si, non vos olvidedes nunca nunca de sorrir porque alegra o corazón voso e  dos que están con vós. Pedide perdón e perdoade xa que iso faivos sentir mellor ( sei que é difícil, pero que ben nos sentimos despois! ).

   Axudade moito na casa e traballade nas vosas tarefas do cole para saber máis cada día. E, coma sempre, xogade e xogade coa familia: cantade, bailade, ...todo o que sexa bo para non perder a esperanza.

   Recordade, sairemos máis fortes e unidos do que estabamos porque Deus nunca nos abandona, El está no médico e no sanitario que axuda ao enfermo, está no que leva comida a quen non a ten, está no que da consuelo ao que está triste, no que acompaña a esas persoas que están soas; está no corazón de cada un de nós cando facemos ben aos demáis . E moito,moito cariño para os máis peques de infantil,que son os máis grandes do cole.

 

Un bico e un abrazo moi grande para todos vós.

A profre Myriam

 

 

P.D. : XA SEI QUE HAI MOITO QUE LER, PERO APROVEITEI QUE ESTABAMOS NO MES DO LIBRO (abril), ASÍ QUE LEDE CON CALMIÑA (os que sabedes) PORQUE SEMPRE HAI TEMPO.

AdxuntoTamaño
3-AÑOS-canción hola Dios.pdf191.02 KB