O traballo para mañá será de: Matemáticas: exercicios 1,2 e 3 da páxina 136 e 137. Sociais: Elaborar unha liña do tempo cos feitos que aparecen nas páxinas 98 e 99. Lengua: Facedes o que se indica nas fotocopias de escribir un texto argumentativo. Ledes a noticia que recollín e expresades a vosa opinión elaborando un texto deste tipo. Tedes na fotocopia as expresións máis habituais. Naturais: Imos elaborar unha botella de densidades. Se a facedes ben quedará semellante a un arco da vella. Seguide as instruccións que adxunto e tede coidado ao botar os diferentes líquidos, botádeos despacio, senón poden mesturarse algúns deles e non sairá. Enviade fotos do resultado e un comentario de que vos pareceu a actividade. Contestade ás preguntas que aparecen no documento, pero podedes facelo no correo que me enviedes, non fai falta que fagades un documento diferente. AS FOTOS DA BOTELLA DEBEREDES ENVIALAS TOD@S. O RESTO DOS EXERCICIOS PARA CORRIXIR SÓ AS PERSOAS DO GRUPO 3. Adxunto tamén a corrección do traballo do luns. Unha aperta!
|
|||||||||||||||