Estimadas familias e estimado alumnado, seguimos traballando de xeito telemático, e as actividades para esta semana son as seguintes: Luns 20 de abril: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Leite de cores: hoxe tócanos facer un experimento. Para facelo necesitaremos: leite. colorantes alimentarios de varias cores. xabón líquido para pratos e bastoncillos para os oídos ou un palillo con un pouco de algodón. A actividade farase da seguinte maneira:
Podemos probar primeiro a introducir o bastoncillo sen xabón para comprobar que non ocorre nada. Deixamos unhas imaxes de como sería o proceso:
Ingredientes que necesitamos. Vertemos unha fina capa de leite. Añadimos colorantes.
Añadimos colorantes. Cun bastoncillo con xabón dos platos tocamos encima das cores e... a xogar. Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática e unha actividade de lectoescritura. Faredes as actividades marcadas como Actividade 1. Esta actividade é obrigatoria. (Documentos adxuntos de lóxica matemática e de lectoescritura) Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Martes 21 de abril: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Colócalle as púas ao ourizo. Esta actividade é obrigatoria. Para realizar esta actividade necesitaredes pinzas da roupa, o dado (documento adxunto) e os ourizos (documento adxunto). Podedes xogar vós solos ou con algún familiar. Esta actividade faise da seguinte maneira: 1º: Tendes que poñerlle ao dado os números do un ao seis. Podedes facelo como vos queirades, con puntiños, debuxos, números, puntiños e números,… ten moitas posibilidades. Logo, coa axuda das vosas familias, haino que recortar e montar. (Nota, no caso de non querer montar o dado, se tendes algún pola casa tamén o podedes sustituír por ese) 2º: Agora tócalle o turno ao ourizo: tendes que pegalo nun cartón e recortalo (podedes pedirlle axuda ás vosas familias), se queredes tamén o podedes colorear. 3º: Unha vez que temos o dado e o ourizo listo comeza o xogo. Tiramos o dado e vemos que número nos sae, logo colocarémoslle ao ourizo tantas púas (pinzas) como o número que nos tocou. Se sodes máis dun xogador/a, agora tocaralle a el/ela. Cando todos tiraron a primeira vez pasamos a facer a segunda tirada, pero ollo, porque agora non teredes que poñer púas (pinzas), senon que hai que sacarllas, atendede moi ben, pois ao mellor non podemos, dependerá do número que nos toque. Na terceira tirada toca volver a poñer púas, e na cuarta sacalas. Cando rematedes tendes que contar cantas púas lle quedaron ao ourizo. Deixamos tamén unha pequeña táboa de rexistro para que a vaiades completando a medida que xoguedes. (Documento adxunto, "Pon e saca púas") Se queredes podedes mandarnos algunha fotografía facendo a actividade. Logo subirémolas ao blogue do cole. Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática e unha actividade de lectoescritura. Faredes as actividades marcadas como Actividade 2. Esta actividade é obrigatoria. (Documentos adxuntos de lóxica matemática e de lectoescritura) Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Mércores 22 de abril: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Creamos instrumentos musicais. Hoxe imos a facer unhas maracas!! Necesitaremos:
Modo de facelo:
Podedes mandar algunha fotografía das vosas maracas e incluso un vídeo, se vos animades, tocándoas. Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática e unha actividade de lectoescritura. Faredes as actividades marcadas como Actividade 3. Esta actividade é obrigatoria. (Documentos adxuntos de lóxica matemática e de lectoescritura) Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Xoves 23 de abril: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. HOXE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO. Esta actividade é obrigatoria. Clicade no vídeo e levaredes unha sorpresa! Despois da sorpresa tocaravos a vós facer un pequeno traballo.
Ata aquí é a actividade obrigatoria. Podedes mandarnos algunha fotografía deste proceso. Hoxe o conto tocounos contalo a nós, pero tamén nos gustaría poder escoitarvos. Que vos parece se entre todos facemos unha biblioteca de contos no noso blogue? Podedes gravar un pequeno conto e logo as mestras subirémolos á web do centro. Deixámosvos tamén o seguinte recurso onde poderedes atopar multitude de contos interesantes, cos cales poder gozar e pasalo ben. Animádevos a visitala. https://www.youtube.com/channel/UC1XVChn3W-o40FKN6si54tg/videos Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Venres 24 de abril: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Tokio 2020 ou Tokio 2021?. En circunstancias normais, nesta época xa estaríamos preparándonos para os xogos olímpicos, ainda que como todos sabemos se tiveron que posponer. Pero non está de máis seguir entrenando, así estaremos máis preparados para o próximo ano. No día de hoxe propoñémosvos facer un circuito con elementos caseiros e tendo en conta o espazo do que dispoñedes. Mandádenos fotografías do ben que o pasades, se vos apetece. Deixámosvos tamén un enlace e varias fotografías por se queredes coller algunha idea. https://www.youtube.com/watch?v=BBmeUvfz0o0
Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática e unha actividade de lectoescritura. Faredes as actividades marcadas como Actividade 4. Esta actividade é obrigatoria. (Documentos adxuntos de lóxica matemática e de lectoescritura) Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Nas actividades para esta semana temos algunha na que fala dos veciños e das familias dos números. Deixo, nun documento adxunto, unha pequena explicación, do que é cada unha delas. Deixo unha serie de actividades de ampliación por se as queredes facer, aínda que EU NON AS RECOMENDO, pois xa bastante traballo teñen coas actividades que deixamos propostas. Recordade que nós na aula non facemos máis de dúas actividades impresas diaria. (Documento adxunto, actividades de ampliación) O máis importante na vida dun neno é o xogo e o movemento, polo que xogade, xogade moito con eles. Tamén podedes leer un anaquiño todos os días, a hora de ir para a cama é un bo momento. Nota: queremos subir ao blogue todas as actividades que fixemos do súper heroe, pois como vedes, xa o rematamos a semana pasada, polo que, se queredes, poderes mandar fotografías dos mesmos. Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com
Un saúdo e un abrazo da profe.
|
|||||||||||||||||||