Actividade coas mans na masa. Pasos para levala a cabo.

Estimadas familias, ante as dúbidas que houbo con esta actividade deixamos a continuación unhas fotografías dos pasos que hai que realizar. Esperamos que vos sexan de axuda e pedimos desculpas por se a actividade non estaba todo o clara que debera ;)

 

Ingredientes que necesitamos: un vaso de fariña, dous vasos de auga, colorante alimentario e/ou témpera (opcional) e un folio e/ou cartolina. Ademais tamén teremos un recipiente no cal poder facer a mestura.

Primeiro vertemos a fariña no recipiente e logo, pouco a pouco imos incorporando a auga.

     

         Mesturamos todo ben.        

                      

                                                                Unha vez que está todo ben mesturado, vertemos a mezcla nunha superficie plana.

     

Chega o momento de añadir o colorante alimentario e/ou témpera e xogar a crear novas cores.

      

Chega o momento de facer o debuxo sobre a masa que fixemos e... logo poñemos un folio e/ou cartolina sobre o mesmo

Por último levantamos o folio e/ou cartolina por unha esquina e...

 

Xa temos o noso debuxo listo, tan só o temos que deixar secar sobre unha superficie plana.

Ollo, tarda algún tempo en secar, dependerá sobre todo do nivel de humidade que haxa no ambiente, pero como mínimo 12 - 14 horas fanlle falta.

Esperamos que estes pasos vos sexan de axuda.