Ola a tod@s: O traballo para mañá xoves será de lingua, matemáticas e naturais. Lingua: Imos facer a lectura das páxinas 132 e 133 e os exercicios 2, 3, 5, 6 e 7. Non precisades copiar os enunciados se o facedes na libreta. Matemáticas: Páxina 145, exercicios 8, 9 e 10. Naturais: Lede a páxina 90 sobre as propiedades da materia e vede este vídeo. Creo que con el se entende moi ben o que é a densidade. https://www.youtube.com/watch?v=aLDDWfVHhvM Para a próxima clase de naturais (o mércores da semana que ven) se vos apetece podemos facer un experimento moi sinxelo que nos permite ver claramente diferentes densidades. Empregaremos substancias comúns nas nosas casas pero dígovos a lista por se precisades algunha e vos coincide ter que ir ao súper: mel, xabón para lavar a louza, auga, aceite, alcol e colorantes alimentarios en gotas. Sei que o alcol é difícil de conseguir estes días pero non vos preocupedes porque o experimento se pode facer igual sen el. Tamén se pode facer sen os colorantes, só se empregan para que quede máis vistoso. ESTE TRABALLO ENVIARANMO PARA CORRIXIR AS PERSOAS DO GRUPO 3: Nico Rey, Andrea, Matías, Iago Torres, Xoán e Dorian. Un saúdo!
|
|||||||