Bo día a todos e a todas! Desexo de corazón que esteades todos ben. Mándovos moita forza e ánimo. Continuamos co noso taller de INTELIXENCIA EMOCIONAL. Esta semana toca a emoción do COIDADO. Coidar significa loitar por alguén que queremos, onde ás veces a túa vida persoal pasa a un segundo plano e, en moitas ocasións, mudas o EU polo TI. Cando coidamos? Non só coidamos ás demais persoas, senón tamén a nós mesmos, aos animais e cousas e… por que o facemos? Pois por: gratitude, deber moral, reciprocidade, obrigación, sentimento de culpa, evitar censuras, altruísmo, etc Polo tanto, amigos, ímonos coidar moito entre nós todos e mimármonos. Achego unha pequena lectura do sentimento do coidado e unhas actividades de reflexión. Lembrade, este é o correo ao que vos podedes dirixir por se tedes dúbidas ou cuestións que queirades aclarar: orientacionabanqueiro@gmail.com A mestra de PT: Verónica
|
|||||||||