Hello! Para esta semana temos unha tarefa de English moi divertida, que nos serve para aprender novo vocabulario e para repasar algunhas cousiñas que xa sabemos, como as cores ou os números. Non tedes que imprimir nada, só ver o seguinte vídeo que vos fixen onde explico a tarefa: Déixovos tamén unha foto dos debuxos para que teñades de apoio. Antes de facer a tarefa, podedes repasar as cancións de Hello ou Good Morning, e cando rematedes, podedes ver este episodio de Caillou no que falan das estacións do ano e da primavera. Cando teñades a tarefa rematada, facede unha foto e a enviades ao meu correo shadia.correo.mestra@gmail.com Para a clase de 3 anos non é necesario escribir o vocabulario, pero se queredes os papás e as mamás podedes escribirlles as palabras e xa debaixo eles/as fan o debuxo. Calquera dúbida xa sabedes onde estou! See you!
|
|||||||