Boas de novo familias! Qué tal están levando o confinamento os pequenos e pequenas da casa? Desde aquí vos mando moito ánimo a todos! Xa queda menos! Tamén vos adxunto un taller de estimulación da linguaxe oral, pensado para desenvolver na casa. É voluntario. E non é necesario imprimir as fichas. Se vos animades a facer o biscoito de Cocorico (ou outra receta), podedes mandar a foto. Ademais, como sei que gustan moito as actividades interactivas, vos deixo un novo enlace con algúns xogos para desenvolver as habilidades comunicativas. ENLACE AQUÍ https://view.genial.ly/ Para realizar a tarefa da vogal E, poden antes ver este vídeo da vogais: https://www.youtube. Recordovos o correo que estamos empregando estes días por se necesitades resolver dúbidas, consellos, orientacións ou ideas: orientacionabanqueiro@gmail.com Calquera cousiña estamos en contacto. Un saúdo: A mestra de Audición e Linguaxe Bea.
|
|||||||||||||||