Estimadas familias, aquí vos deixamos algunhas das actividades que se propoñen para o venres 3 de abril. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no calendario o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que estamos no mes de Abril, estación( que fai uns días que comezou) e o ano no que nos atopamos. Estes días tamén podemos converter nunha rutina o de debuxar na manciña un virus( con rotulador),como xa vos dixen anteriormente , para que laven moi a miúdo as mans e ese "maldito" virus desapareza canto antes. Podedes facer un rexistro, é dicir, apuntar a diario se o conseguimos ou non, borrar o debuxo. Outro día máis toca o reto do SÚPER HEROE, como ben sabedes todo SÚPER HEROE leva un traxe característico. Hoxe propoñémosvos que ideedes o voso.Recordade que xa temos feito o seu símbolo, polo tanto, non esquezades incluírllo no seu traxe. Nota: seguide coloreando na casiña que vos mandamos onte, recordade en que cada día pintemos segundo o código de cores que hai ao final da páxina; dependendo do sentimento que teñamos cada día. Deberemos completar cada día do mes de abril ehhh???? Hoxe como é venres deixámosvos un XOGO MOTOR. Coma tódalas semanas, temos que movernos un pouquiño, por iso vos propoñemos o XOGO DA SERPE MOTRIZ, elaborado por un mestre, que de xeito voluntario ofrece os seus recursos para que tódolos nenos/as os poidan disfrutar durante estes días de confinamento que tan longos se nos fan.... Aquí vos queda o enlace: https://view.genial.ly/5e7fee153fea8d0db0cc31dd/game-serpiente-motriz Como ben sabedes, hoxe comezan as vacacións de Semana Santa. Aínda que este ano van ser un pouquiño diferentes a como viñamos acostumados, non por iso vamos a deixar de disfrutalas. Recordade que ata o Martes 14 de abril non faremos entradas diarias no blogue,iso non significa que vós non poidades seguir mandando tódalas actividades que vaiades facendo cos nenos/as nestes días. Tamén queremos ofrecervos un recurso para que poidades utilizar durante estas vacacións, iso se vos apetece. (Arquivo adxunto). Moito ánimo!! Disfrutade na medida do posible destes días e sobre todo os pequerrechos/as que xoguen moito moito. Un saúdo e miles de bicos para os cativos/as.
|
|||||||