Ola chicas e chicos! Chegamos ao final da segunda avaliación pero con esta situación extraordinaria que estamos vivindo non temos as sensacións habituais, verdade? O traballo para mañá é máis lúdico: un sudoku. unha sopa de letras, un xogo de recolocar letras para atopar unha palabra oculta e tres imaxes para atopar un obxecto agachado. Agardo que vos gusten. Lembrade que no sudoku cada cadro e cada liña (vertical e horizontal) teñen que ter todas as cifras do 1 ao 9 sen repetirse. Hoxe envío tamén as solucións da autoavaliación de naturais, como vos dixen onte. Mañá publicarei as solucións destes xogos. Unha aperta.
|
|||||||||||||||||||