Estimadas familias, aquí vos deixamos algunhas das actividades que se propoñen para o xoves 2 de abril. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no calendario o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que estamos no mes de Abril, estación( que fai uns días que comezou) e o ano no que nos atopamos. Estes días tamén podemos converter nunha rutina o de debuxar na manciña un virus( con rotulador),como xa vos dixen anteriormente , para que laven moi a miúdo as mans e ese "maldito" virus desapareza canto antes. Podedes facer un rexistro, é dicir, apuntar a diario se o conseguimos ou non, borrar o debuxo. Como xa vendo costume, os nenos e nenas de tres anos, estas últimas semanas estanse convertendo en verdadeiros SÚPER HEROES. Vós sabiades que tamén é moi importante que un SÚPER HEROE recoñeza as súas emocións? Pois non tódolos días nos sentimos da mesma maneira, non temos o mesmo ánimo...Así que,para o día de hoxe propoñémosvos un novo reto que consiste en que cada día pintemos segundo o código de cores que hai ao final da páxina; dependendo do sentimento que teñamos cada día. Deberemos completar cada día do mes de abril ehhh???? Deixamos un arquivo adxunto. Dado que hoxe, 2 de abril, se celebra o DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO, dende o Equipo de Educación Infantil, propoñémosvos crear corazóns de cor azul( xa que é a cor coa que se representa este día). Podedes empregar o material que desexedes: cartolinas, ceras, papeis, goma eva,....Ao igual que se fixo co arco da vella, sería interesante que os colocarades nas fiestras, balcóns,... das vosas casas; e como non, tamén nos enviedes unhas fotiños das vosas producións. Así mesmo, tamén vos deixamos unha canción que enlaza coa cor azul( que lle damos a este día) e que nos trae recordos dos traballos que estabamos levando no cole relacionado co Proxecto do Mar. O enlace é o seguinte: https://www.youtube.com/watch?v=r0yMtDyVdSU Aspanaes.org Na páxina web do cole, no apartado do Departamento de Orientación, dispoñedes de máis recursos para conmemorar este día tan importante. Ánimo. Unha aperta.
|
|||||||