1º PISTA ÚLTIMAS NOVAS!!!!! Ola amig@s, acabamos de saber a localización da primeira pluma da gaivota Pita. Que emoción!! Estamos moi ansios@s por saber que nos preparou nesta primeira aventura esta gaivota tan intrépida. Ide coa vosa mestra/e ao mapa da entrada do cole, alí veredes a primeira pista do lugar que visitaremos. Será sensacional, aprenderemos moitas cousas!! E lembrade amig@s, Pita estaranos ollando dende algún lugar, estade moi atentos, igual algún de vós a ve sobrevoando a costa. Ata máis ver! PD: Aquí deixamos unha ligazón ao conto que podedes ler nestes días para así, coñecer algo de información da visita que faremos. |
|||