blogue demariaea |
Ola chic@s! Como quen non quere a cousa chegamos ao último día deste estraño curso... Lembrades o 12 de marzo? Estabamos nunha charla despois do patio, o 13 tiñamos exame de matemáticas. Ou non? Ao rematar a charla conteivos que se suspendían as clases, pero seguramente só uns días. Iso era o que pensabamos, aínda non sabiamos o que se nos viña enriba. |
|||
Bos días! Que tal van eses enigmas? Adxúntovos as correccións do traballo de luns e martes e tamén as do xoves e venres da semana pasada, que as tiñamos pendentes. Unha aperta! |
|||
Bos días chic@s! Como vai a semana? Fago o último envío deste curso: un conxunto de enigmas e pasatempos para que tratedes de resolvelos estes días. Saúdos! |
|||
Bos días! O traballo para hoxe é de matemáticas. Páxinas 192-193, exercicios 1, 2, 6 e 10 (só o primeiro apartado). Como vos dixen onte será o último día de traballo das asignaturas de clase. Saúdos! |
|||
Bos días chic@s! Comezamos a última semana do curso. Xa queda pouco para que poidades desfrutar do voso merecido descanso! Esta semana imos organizar o traballo de xeito diferente. O primeiro cambio será a videoconferencia, que será o venres. Para o luns e o martes envíovos unha comprensión lectora e os últimos exercicios de matemáticas. Ningún grupo deberá enviar para corrixir. Publicarei a corrección. Para o mércores e o xoves enviareivos un material máis lúdico: enigmas e pasatempos. |
|||
Ola! Últimas tarefas da semana... Matemáticas: Mañá venres debedes facer os exercicios 1 e 2 da páxina 188. Lengua: facede a ficha que vos adxuntei para imprimir. Lingua: A comprensión lectora que tamén ía para imprimir. Entrega para corrixir o grupo 3. |
|||
Bos días chicas e chicos! O traballo para hoxe xoves será: - Matemáticas: exercicio 3 da páxina 186 e exercicio 1 da páxina 187. - Lengua: exercicio 3 da páxina 196 e exercicios 6, 7 e 8 da páxina 197. - Lingua: exercicios 2, 3 e 4 da páxina 189. Unha aperta! |
|||
Bos días chic@s! O traballo para hoxe mércores será: - Matemáticas: Ides practicar o que fixemos onte na videoconferencia. Exercicio 2 da páxina 183 e exercicio 2 da páxina 184. - Naturais: Ler as páxinas 112 e 113 e facer "Traballa coa imaxe" da páxina 112 e o exercicio 5 da páxina 113. - Sociais: Ler as páxinas 116 e 117 e facer o exercicio 1 da páxina 117. |
|||
Adxunto o material a imprimir para empregar esta semana. Saúdos. |
|||
Ola chicas e chicos! Que tal o fin de semana? Mañá luns continuaremos co "relato en cadena". É o último que imos facer, así que animádevos a participar! Lémbrovos que hai dous principios posibles: "Aparecimos en una isla desierta" o "Todo era una pesadilla". |
|||
Bos días chicas e chicos! Sabedes que hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente? Estou segura de que xa avanzastes en reducir a vosa pegada ecolóxica... Lembrades? Aquela man que pintamos con cinco compromisos persoais para ser máis respectuosos coa natureza. Non a esquezades e ide traballando pouco a pouco para facer o menor dano posible ao medio natural. Sabedes que a nosa vida depende diso. Último traballo desta semana: - Matemáticas: Páxina 173. Exercicios 1 e 2. - Lengua: Lede as páxinas 190 e 191 e facede os exercicios 5, 6, 7, 8 e 9 da páxina 192. |
|||
Ola! Como ides? O traballo para o xoves será: - Matemáticas: Página 172. Ejercicios 1 y 2. - Lingua: Páxinas 184 - 185. Exercicios 2, 4 e 5. Entrega para corrixir o grupo 1. O martes houbo un empate de novo nos relatos en cadea. Os escollidos esta semana foron os relatos de Nicolás Rey e Iago Rebollido. Parabéns! |
|||
Bos días! O traballo para mañá mércores será: - Matemáticas: Páxina 171, exercicios 1 e 2. - Naturais: Páxinas 110 e 111. Ler as páxinas do tema e facer o apartado "Traballa coa imaxe" da páxina 110 e o exercicio 2 da páxina 111. - Sociais: Un novo vídeo, neste caso sobre o franquismo. |
|||
Bos días chic@s! Que tal? Que tal o fin de semana? Esta semana, como dixen a través de abalar, imos organizar o traballo dun xeito diferente, esquecendo as materias que temos no horario de clase. |
|||
Bos días chic@s! Rematamos unha semana máis e deixamos atrás o mes de maio. Hoxe venres traballaremos: - Matemáticas: tedes activado en Snappet unha nova lección para calcular as áreas de rombos e uns exercicios de repaso. - Sociais: Un vídeo para profundizar un pouco no acontecido na guerra civil |
|||