blogue dearanchapernas |
O pasado luns celebramos o Magosto no cole. Que ben o pasamos cos xogos tradicionais que organizou o equipo de normalización e que ricas estaban as castañas asadas. Unha vez máis moitas grazas pola colaboración da ANPA e de todos vós pola vosa aportación. Aquí vos deixo o acceso ao álbum de fotos: |
|||
Logo de aprender o vocabulario en inglés de Halloween, o alumnado de 1º e 3º de primaria fixo unha actividade de realidade aumentada que consistiu en decorar e elaborar as súas Jack o' lantern e logo ver como cobraban vida, foi moi divertido!!! Aquí vos deixo o enlace para acceder ás fotos: |
|||
O vernes démoslle a benvida ao noso auxiliar de conversa que nos acompañará ao longo deste curso: CARLOS. Ven de Filipinas e xa nos contou cousas moi interesantes do seu país e da súa familia. |
|||
Listaxe Definitiva de Admitidos en Fondo Libros, Libros de texto e material escolar
Publicada a Listaxe Definitiva de Admitidos en Fondo Libros, aquisición de libros de texto e material escolar no tabolerio do centro. Tamén poden consultala a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave365 ou Certificado Dixital. Segundo a Orde 7 de maio do 2024 (20/05/24) as listaxes só se poden consultar no taboleiro do centro e indican os libros asignados. No caso de que lle asignaran 4 libros deberá comprobar cales ten que mercar. Aqueles que non lle fora asignado ningún libro ou que non presentara a solicitude deberán mercar a totalidade dos libros de texto.
|
|||
O alumnado de 6º de primaria estivo traballando a redación dunha receta en inglés e tamén quixeron traer unha mostra da mesma. Que rico estaba todo!! |
|||
A semana pasada o alumnado de 6º de primaria conviviu con outros alumnos e alumnas de toda Galicia nunha semana de inmersión lingüística en inglés en Mondariz, onde tiveron realizaron actividades como tiro con arco, jincana, beach volley, montar a cabalo, geocaching e unha excursión ao Castelo de Sobroso. As noites estiveron cheas de emoción con actividades como Werewolves, Furor, Karaoke e disco. |
|||
O alumnado de 6º de primaria representou a obra de teatro "Puss in Boots" (El Gato con Botas). Aquí vos deixo a mostra da representación.
Parabéns!! Fixéstelo xenial! |
|||
O vindeiro luns 18 o alumnado do centro desprazarase ata o Centro Social de Abanqueiro para asistir a unha representación teatral en inglés ofrecida pola compañía madrileña Chameleon. Estas son as obras ás que asistirá o alumnado en función do seu nivel:
|
|||
Este ano fixemos uns amigos en Rusia e gravamos este video para respostar as súas preguntas. Nós tamén quixemos sabes cousas sobre eles.
|
|||
Boas familias, Hoxe en 3º de primaria rematamos a unidade 3 sobre a roupa xogando ao "Impostor". Cadaquén disfrazouse cos accesorios que quixo sobre o vocabulario desta unidade e a través da estructura gramatical "Is he/she wearing...? Yes, he/she or No, he/she isn't" o alumnado debía adiviñar quen era o impostor. Pasamos un rato divertido e puxemos en práctica todo o aprendido durante estas sesións previas. Aquí vos deixo unha pequena mostra. |
|||
O pasado día 30 conmemoramos no noso centro o Día da Paz e a non Violencia. Con tal motivo, xuntámonos no patio para cantar todos xuntos a canción Loviu de Sandra Valero, concursante de Eurovisión Junior. |
|||
O alumnado de 5º de primaria participou no seguinte reto: "Cadaquén tiña que mostrar cousas que puideran mercar cun euro" Parabéns para todos, estou moi orgullosa do voso traballo!! Déixovos o vídeo a continuación: |
|||
Este curso continuamos poñendo en práctica as estacións de aprendizaxe (learning stations) onde adicamos unha estación a cada unha das 4 destrezas: listening, reading, writing and speaking. O resultado é sempre moi positivo. Nesta ocasión o alumnado de 4º de primaria está repasando as horas e as rutinas diarias. |
|||
o alumnado de 1º e 2º de primaria fixo unhas bolas de neve, o de 3º e 4º unhas guirnaldas con teas e o de 5º e 6º uns calcetíns de Nadal (Christmas Stockings), que eles mesmos recortaron e coseron empregando restos de teas, continuando así co proxecto de centro deste curso baseado na reciclaxe e bo uso dos recursos. |
|||
Na última semana de novembro, na área de Arts, conmemoramos o Día de Acción de Grazas, Thanksgiving, tradición americana que o noso auxiliar Sean nos explicou en que consiste e como a celebran en Florida, na súa cidade de orixe.
|
|||