blogue dearanchapernas |
Hello! How was your weekend? Hoxe tráigovos unha sorpresa que seguro vos vai gustar. No seguinte enlace tedes que ir completando a letra da canción que vai saíndo no vídeo. Arriba na pantalla podedes ver o resultado dos acertos e fallos que tivestes. Antes de nada, cando cliquedes no enlace sae unha versión para descargar, non fai falla que descarguedes nada, clicades en "Ir á versión web" e logo querá que vos rexistredes e clicades "En otro momento", a partir de aí xa podedes comezar facendo clic en "Pulse aquí para iniciar el juego". Aquí tedes o enlace: |
|||
Hello! How was your weekend? O traballo de hoxe consistirá en facer unha ficha de repaso sobre a unidade que estamos a ver. Recordade: - What's the uniform like? = Cómo é o uniforme? - What are the classrooms like? = Cómo son as aulas? Fixádevos se a frase está en singular ou plural para respostala correctamente. See you! |
|||
Hello! How are you? Como xa vos dixen o outro día esta semana teremos a sesión por videoconferencia o mércores ás 5:30h. O traballo de hoxe consistirá en ver un vídeo sobre uns nenos que viaxan a Londres. Espero que vos guste, prestade moita atención. See you! |
|||
Hello! How are you? Empezan a chegar as primeiras fotos dos vosos marcapáxinas. Brais deulle un toque persoal e quedoulle xenial: Mirade que chulo o de Andrés: Este é o de Ismael: |
|||
Good morning! Como cada xoves hoxe teremos unha sesión por videoconferencia ás 12:30h, tedes que desculpar que onte non o colgara, xa avisei aos vosos pais por Abalar e se tedes outros plans que me avisen e pospoñemos a clase. O nome da sala é como sempre INGLESABANQUEIRO5. Un saúdo e desculpade de novo. |
|||
Good morning! How are you? Today we propose you to make an Octopus Bookmark. All you need is a piece of paper. Esther vos explica como facelo paso a paso neste tutorial: Enjoy the activity! |
|||
Hello! How are you? O traballo de hoxe consistirá en facer unha ficha de repaso da unidade que estamos a traballar. Enjoy your weekend! |
|||
Hello! How are you? Para hoxe déixovos unha ficha de repaso do que estamos a ver. Recordade: - It's got = It has got = Tiene - It hasn't got = No tiene Coméntovos que a vindeira semana teremos clase o mércores ás 5:30h, desculpade polo cambio de horario, é algo puntual. Recordaréivolo por aquí e enviarei Abalar aos vosos pais. See you next week! |
|||
Hello! How was the Time game? Como vos fou co xogo das horas? o xoves me contades na videoconferencia. Para o mércores déixovos unha ficha de repaso. Repasade a táboa do pasado do verbo TO BE que vos deixei a semana pasada porque vos vai facer falta para facer o último exercicio. See you! |
|||
Hello again! How was your long weekend? I hope you are well. Como vimos facendo estes martes, mañá día 5 de maio ás 5:30h teremos unha sesión por videoconferencia. O nome da sala sigue a ser INGLESABANQUEIRO6 e o contrasinal enviareino por Abalar aos vosos pais. See you! |
|||
Hello again! How was your long weekend? O traballo do martes consiste en facer esta ficha que vos deixo. Recordade: Has it got? = ¿Tiene? Yes, it has = Sí, tiene No, it hasnt't = No, no tiene |
|||
Hello again! How was your long weekend? I hope you are well. O traballo do martes consiste en repasar as horas mediante un xogo moi divertido. Se fallades tedes que volver a empezar, hai bastantes niveis, así que non abandonedes á primeira. Moita sorte! |
|||
Hi everyone! Empezan a chegar as primeiras imaxes dos vosos collares: Mirade que deseño tan chulo fixo Brais: Paula fixo este collar tan chulo: Nerea nos envía estes dous deseños: |
|||
Bo día: Sabedes que mañá venres é festivo e, polo tanto, non temos clase de plástica, pero como me dixestes o outro día na videoconferencia que vos subira igual a actividade de plástica déixovola por aquí. Nesta ocasión é voluntaria. Trátase de facer un bonito MACARONI NECKLACE FOR MOTHER'S DAY, un collar de pasta que podedes regalalo polo Día da Nai este domingo. Este é un exemplo pero vós podedes empregar a vosa imaxinación e creatividade. |
|||
Good morning! Como cada xoves mañá verémonos por videoconferencia ás 12:30h. Recordade que o nome da sala é INGLESABANQUEIRO5 e tedes que poñer o contrasinal que enviarei por Abalar aos vosos pais. See you tomorrow! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »