Blogues

O NOSO HORTO

O mércores, día 5 de decembro, tivemos unha actividade de Mans Unidas no patio do cole, na que todo o alumnado xunto co profesorado, puido sementar e prantar no noso cachiño de horto.

Comezamos a construir, como nos dixo Carmen (a inxeñeira agrónoma) "unha pequena casa":

O NOSO HORTO 2

Aquí vos deixamos outro pequeno video do que fixeron os alumnos de 1º e 2º.

O NOSO HORTO 3

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que fixeron os alumnos de 3º e 4º de primaria.

O NOSO HORTO 4

Aquí vos deixamos o último video co que fixeron os alumnos de 5º e 6º de primaria.

DONACIÓN CARREIRA SOLIDARIA POLA LEUCEMIA INFANTIL

Esta foi a nosa aportación á loita contra a leucemia infantil.

Grazas de novo a todos pola vosa colaboración.

VISITA DE KIDS & US A ABANQUEIRO

O pasado venres día 30 de novembro recibimos a visita dos mestres da academia de inglés Kids & Us de Vilagarcía.

Representaron o conto Story Time no espazo.

Foi moi divertido.

EQUALITER: Un espazo sen violencia de xénero

O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro colaborou coa proposta EQUALITER do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín contra a violencia de xénero.

TEATRO EN A CACHADA

O Concello de Boiro covidounos a ir ver unhas obras de teatro á casa da cultura. O alumnado de infantil, 1º, 2º e 3º de educación primaria foron a ver A danza da chuvia e o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria Bon apetit. 

ESPAZO FAMILIAS

Adxuntamos infomación dun novo espazo para as familias.

ANDAINA EDUCACIÓN VIAL

O venres, o alumnado de 3º e 4º curso de primaria participaron nunha andaina organizada polo Concello de Boiro, na que puxeron en práctica a teoría aprendida en Educación Vial. Ademais, puideron  coñecer e subirse ao helicóptero de salvamento.

Aquí vos quedan uns enlaces publicados polo Concello de Boiro sobre esta actividade:

MAGOSTO

Este xoves celebramos o magosto. Agradecemos á ANPA a súa participación no asado das castañas e a súa colaboración na realización dos xogos populares.

eTwinning Project: Clues to Solve Mysteries

Os alumnos e a alumnas de 4º traballaron duro resolvendo os misterios que nos enviaron os demáis colexios do mesmo curso que participan neste proxecto europeo.

Este é un pequeno resumo do seu esforzo.

CARREIRA SOLIDARIA POLA LEUCEMIA INFANTIL

(Premede en Leer máis para ver o artigo completo)

Onte, día 26 de outubro, alumnado, profesorado e familias do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro uníronse nunha mesma causa: a loita contra a leucemia infantil nunha carreira solidaria para recaudar fondos destinados á organización Unoentreciemil. Non se trataba dunha carreira competitiva, senón todo o contrario.

A carreira celebrouse en máis de 900 centros educativos de toda España. Nós puxemos o noso grao de area recaudando 330 euros para esta causa.

Logo do colexio

Logo do Cole

Logo do cole

A NOSA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro, día das Bibliotecas escolares, o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro acudimos á biblioteca do noso centro onde visionamos un conto e un video sobre as normas da mesma. Ao final, cantamos unha canción e levamos un agasallo dun libriño - marca páxiñas para animarnos a ler percorrendo o mundo máxico dos libros.

"Con Pita viaxaremos e moitos libros leremos"

Distribuir contido