Blogues

CEBOLIÑO 2019

Seguindo coa tradición do noso colexio, o venres, enterramos a Don Ceboliño. Os encargados de levar a don Ceboliño e de ler o seu testamento foron as nenas e nenos de sexto curso. Aquí tedes un pequeno resumo:

ENTROIDO 2019

Se queredes consultar a galería de fotos soamente tedes que premer no seguinte enlace: FOTOS ENTROIDO 2019

Despois do desfile degustamos alimentos típicos do Entroido. E para rematar este gran día, tivemos o pracer de contar co Grupo de pandereteiras “Nunca é tarde de Boiro”, que animaron a festa tocando e cantando fermosas cancións. 

ENTROIDO 2019

Despois de poñernos cada día da semana algo diferente, seguindo as comandas que nos indicaba o Ceboliño, chegou o venres.  Dacordo co Proxecto "Amosa o teu amor a" disfrazámonos de diferentes animais. Fixemos un desfile polos arredores do colexio, onde esperaban as familias:  

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Para recordar a Rosalía de Castro, o alumnado recitou o poema Adiós ríos, adiós fontes

MATRÍCULA CURSO 2019-2020.

Informamos que o proceso de reserva de praza para o alumnado que inicia os seus estudos ou para aqueles que cambian de centro estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo

Os impresos poderanse recoller na secretaría do centro ou cubrilos online no seguinte enlace https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ e entregalos posteriormente no centro.

PRESENTAMOS LAPBOOKS

O venres, despois do recreo, cada aula presentou o seu lapbook e este foi o resultado:

NAUGHTY HORSE

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria aprenden as preposicións coa canción "Naughty Horse".

MY FAMILY 1º E.P.

Ao rematar a unidade "My family", os alumnos de 1º de Educación Primaria fixeron unha pequena exposición presentando á súa familia, para elo empregaron a estrutura "This is my..."

Esta semana viron as gravacións na pizarra dixital.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

LAPBOOKS DE ANIMAIS

En relación co proxecto  Amosa o teu amor a..., o alumnado, por aulas, fixeron lapbooks sobre diferentes animais.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

DÍA DA PAZ EN ABANQUEIRO

O pasado mércores día 30 de xaneiro conmemoramos no noso centro o Día Escolar da Paz e a non Violencia.

Dende o departamento de inglés quixemos facer unha pequena homenaxe aos nenos sordos gravando esta canción coa lingua de signos americano.

Esperamos que vos guste!

XOGADE no Santa Baia

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, este curso, participa un ano máis na actividade XOGADE, na que se xuntan con outros centros da zona e realizan actividades deportivas. Aquí tedes unha pequena mostra da visita que o noso alumnado fixo ao Santa Baia.

PROXECTO eTWINNING - CLUES TO SOLVE MYSTERIES

Os nosos pequenos investigadores comezan a resolver o seu terceiro misterio.

Neste caso teñen que adiviñar o nome do personaxe famoso dos diferentes países que están a colaborar no proxecto.

A verdade é que lles encanta resolver misterios!

PROXECTO eTWINNING "SHOW YOUR LOVE"

Os alumnado dos diferentes países que colaboramos neste proxecto, grabamos un pequeno video dicindo "te quiero" na lingua dos compañeiros que nos foron asignados aleatoriamente, no noso caso, en turco.

"Seni Sevyorum"

Tamén tivemos que cantar unha parte da canción "Old Macdonal had a farm" para formar logo parte dun video conxunto.

Distribuir contido