blogue defran.alonso

Procedemento do profesorado perante un positivo COVID

Procedemento de actuación ante un positivo COVID

  

 

Logo da realización dun test de antíxenos que de positivo debemos realizar 2 pasos: realizar a autodeclaración de caso sospeitoso e notificación de baixa.

PASO 1: Ir a Autodecalración de caso sospeitoso e cubrila para notificar o caso ao Sergas e os rastrexadores se poñan en contacto.

O alumnado de 4º bailando unha muiñeira

Certo que podía estar máis ensaiada... A culpa é do profe que faltou algún día!

De todos xeitos... que maneira de bailar a deste de 4º!

Actividades do Concello durante o NADAL

Actividade do Concello de Boiro durante o NADAL 21

 

 

 

 

Axunto tamén poden atopar carteis individuais das actividades propostas.

Canción común de Nadal

No proxecto eTwinning seleccionouse unha canción común para realizar en Nadal.

Esta é a nosa versión da canción realizada polo alumnado de 5º de Primaria.

De seguro que xa a víchedes no festival deste curso!

Festival de Nadal 2021-2022

Festival de Nadal de 2021

 

A continuación disporán da emisión do festival. 

De producirse algún erro de retransmisión, nesta mesma páxina, procederemos a intentar solventar o problema.

Instrumentos tradicionais

Estivemos traballando os instrumentos tradicionais e realizamos de debuxos dos mesmos.

Esta é unha mostra do traballo realizado polo alumnado de 3º de Primaria.

Puzzle de Nadal

O alumnado de 1º de Primaria realizando un traballo do proxecto: o Puzzle de Nadal.

Apertura de solicitudes de transporte escolar

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Axudas para distribución de Mascarillas

AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS

 

Dende hoxe, hai un prazo de 10 días para solicitar as axudas para a merca de mascarillas para o alumnado de Educación Primaria.

  • Todos aqueles que xa sexan beneficiarios da Axuda de Material Escolar durante o presente curso non necesitan presentar ningún tipo de documentación.
  • Aqueles que non sexan beneficiarios da Axuda de Material Escolar no curso 21-22, poderán solicitar esta axuda (mediante o Anexo axunto) no caso de que cumpran algunha das seguintes condicións:
    • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.
    • Alumnado matriculado en educación especial.
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Nota: Axúntase a solicitude en formato pdf.

Teatro na Cachada - Outono Cultural

Deseñamos un Poster

O alumnado de 5º deseñou un Poster para participar na elección do poster oficial do proxecto.

Programación Cultural de Novembro do Concello de Boiro

Programación Cultural de Novembro do Concello de Boiro

 

O Concello de Boiro vén de publicar a súa programación cultural para o mes de novembro. Poden consultala premendo na imaxe ou na seguinte ligazón: Programación Novembro.

 

Programación de novembro

Videoconferencias

Os mestres estivemos coordinando todo o traballo!

Parecía a Torre de Babel!

WordArt

Tamén estivemos creando debuxos con palabras empregando o ordenador. Un traballazo do alumnado de 4º de Primaria!

Distribuir contido