Blogues

CELEBRACIÓN DE ANIVERSARIOS

Como xa fixeramos en setembro coa xentiña nacida na época estival, este mes xuntámonos as aulas de educación infantil para celebrar os aniversarios do mes de outubro. Música, merendola e festa rachada!

INICIAMOS PROXECTO DO MAR

Grazas á colaboración de Carolina e Aitana, tivemos unha performance no areeiro: convertímonos en mariscadoras e mariscadores por un día!!! Aprendemos como se faena e que mariscos viven principalmente nas nosas praias. Graciñas familias por axudarnos a aprender xogando!!!

PROGRAMA DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

Informámosvos do calendario de actividades previstas do programa de igualdade e violencia de xénero promovido pola ANPA NAPABÁN.

Agradecemos como sempre á ANPA a súa labor como membro da comunidade educativa.

Ratonius

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Tal e como fixemos o curso pasado, queremos aportar o noso pequeno grao de area á loita contra a leucemia infantil colaborando coa fundación "Uno entre cien mil" a través dunha carreira solidaria que se celebrará o vindeiro venres 25 de outubro nas instalacións do centro.

A aportación mínima por participante será de 3€.

Estades todas as familias invitadas a participar previa inscripción na secretaría do centro.

O prazo de inscripción e de entrega dos donativos remata o mércores 23.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

LOGO OUR WORLD, MY WORLD

Xa comenzamos a traballar no novo proxecto eTwinning "Our World, My World" e a primeira actividade planificada foi deseñar un logo que represente o proxecto.

Neste caso foron os alumnos de 5º de primaria os encargados de deseñar dito logo. Para esta tarefa tiveron total liberdade en canto ao agrupamento, algúns decidiron facelo en parellas e outros de forma individual. Empregaron os Ipads e a aplicación Poster my wall e deseñaron en total 4 logos diferentes.

Ao longo desta semana o resto de alumnado do centro procedeu á votación do logo para escoller o que nos representará no proxecto eTwinning. E este foi o logo seleccionado:

A CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN VISITA O NOSO CENTRO

A Conselleira de Educación, Carmen Pomar, visitou esta mañá o noso centro.

Interesouse por saber os nosos puntos fortes e tamén as nosas debilidades e necesidades.

O trato que tivo cos alumnos foi tan cercano que os máis pequenos incluso lle chamaban "profe".

Dende o equipo directivo agradecemos a súa visita ao noso centro.

LIBROS DE TEXTO infantil, 1º, 2º

Adxuntamos listaxe de libros de texto que deberán mercar para este curso 2019-2020.

PUBLICACIÓN NOS MEDIOS DO SELO DE CALIDADE

Entrevista en Radio Arosa o día 30/08/19 con motivo do selo de calidade recibido polo Proxecto eTwinning “Show your love”.

https://drive.google.com/file/d/1oi76CwvVSKND3iIV5NqL_xmmMDGJgdn5/view?usp=drivesdk

Publicación da nova na Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/boiro/2019/08/30/colegio-abanqueiro-recibio-sello-distintivo-internacional/00031567184760194935473.htm

SELO CALIDADE ETWINNING

Estamos moi contentos ao recibir a noticia de que o proxecto eTwinning "Show your love" no que participamos o curso pasado foi acreditado co selo de calidade.

Grazas a todos os mestres e alumnos que se implicaron neste proxecto.

PERÍODO ESTIVAL

Ante calquera consulta durante o período estival serán atendidos nos seguintes correos electrónicos:

ceip.abanqueiro@edu.xunta.es 

ceipabanqueiro@gmail.com 

Ou a través de Whatsapp ou Telegram_

    602 23 91 10

Bo verán!

FONDO LIBROS

Informámoslles de que están dispoñibles as listaxes provisionais das axudas

do fondo libros, tanto neste enlace coma no taboleiro do centro. A partir de

hoxe ábrese un prazo de dous días (luns e martes) para posibles

reclamacións.

Os libros de texto entregaranselle aos alumnos o primeiro día de clase.

REMO

O martes 11 de xuño, responsables do equipo de remo de Cabo de Cruz, viñeron ao noso colexio a impartir unha charla sobre o remo. Seguidamente o noso alumnado de 4º e 5º cuso de primaria, puxeron en práctica técnicas do remo.

Para ver imaxes clicade en REMO

LIBROS DE TEXTO

No archivo adxunto aparece a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2019-2020.

Insistimos en NON MERCAR ningún libro ata setembro debido a variacións de profesorado e grupos. A primeira semana de setembro volveremos publicar a listaxe definitiva.

SOLICITUDE TRANSPORTE E COMEDOR 2019/2020

Está aberto o prazo para solicitar os servizos de comedor e transporte escolar para o curso 2019/2020.

Distribuir contido