Blogues

ECOMAR

A fundación ECOMAR ensionou ao noso alumnado de 5º e 6º de primaria a importancia de reciclar e coidar o medio ambiente.

Moitas grazas pola vosa aportación.

A ANPA contra a violencia

     

Esta mañá tivemos o gusto de ver a obra de Baobab teatro "Pum, pum".

Grazas á ANPA por facernos pensar en tódolos niveis do cole na importancia de respectarnos, de escoitarnos e de ser fortes para berrar.

SELO DE CALIDADE EUROPEO

Despois de recibir o selo nacional polo proxecto eTwinning "Show Your Love" levado a cabo o pasado curso co alumnado de 6º de educación primaria, gustaríanos compartir con todos vós a nova de que tamén fomos premiados co selo de calidade europeo.

Podedes consultar máis información na páxina web oficial de eTwinning:

Selos de Calidade Europeos 2019

PORTAL FAMILIAS XUNTA

A Consellería de Educación ven de publicar un novo espazo adicado ás familias onde podedes atopar información interesante.

Deixámosvos aquí o acceso:

PORTAL FAMILIAS

Día da Diabete con ANEDIA

Hoxe é un día especial na nosa escola: conmemórase o día da diabete, que a partir deste curso está presente no noso día a día.

As amigas de ANEDIA trouxéronnos a Raquel Queizás e aos seus contos para axudarnos a entendela e saber actuar. E que ben o pasamos!!!

Baila Roque, baila

O alumnado de infantil fomos ao teatro coa xente dos outros coles do concello!!! Pasámolo en grande e achegámonos á realidade dos contacontos e os guiñois. Graciñas ao Concello!!!

MAGOSTO 2019

Aínda que o tempo non nolo puxo doado, o alumnado de Abanqueiro celebramos o magosto con xogos populares e con moita castaña!!!

Coma sempre, graciñas á ANPA, que nos trouxo asador e asadoras para podermos merendar. Os tizóns quedan para a próxima ;)

https://youtu.be/4-xekZUYBok

MAGOSTO 2019

Aínda que o tempo non nolo puxo doado, o alumnado de Abanqueiro celebramos o magosto con xogos populares e con moita castaña!!!

Coma sempre, graciñas á ANPA pola súa colaboración. Que aínda que non houbo tizóns, houbo asador e asadoras!!!!

SAMAÍN 2019

No colexio de Abanqueiro pecháronse portas e fiestras para recibir con anticipo ao Samaín.

Grazas á rapazada de 6º polo conxuro, ao equipo de DL pola decoración e á ANPA pola merendola, polo tempo... por todo!

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

O pasado 25 de outubro toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro saiu ás calles para participar na xa tradicional carreira contra a leucemia infantil en favor da asociación Uno entre cien mil.

O total recaudado ascendeu a 564,27€. 

Moitas grazas a todas e todos pola vosa participación e colaboración.

Porque todas as persoas podemos ser unha; e xuntas somos máis fortes!!!

REALIDADE AUMENTADA EN HALLOWEEN

Unha das actividades levadas a cabo co motivo da conmemoración de Halloween na área de inglés, foi que o alumnado de 1º de primaria puido comprobar como as cabazas decoradas por eles cobraban vida e bailaban ao son da música.

 

CELEBRACIÓN DE ANIVERSARIOS

Como xa fixeramos en setembro coa xentiña nacida na época estival, este mes xuntámonos as aulas de educación infantil para celebrar os aniversarios do mes de outubro. Música, merendola e festa rachada!

INICIAMOS PROXECTO DO MAR

Grazas á colaboración de Carolina e Aitana, tivemos unha performance no areeiro: convertímonos en mariscadoras e mariscadores por un día!!! Aprendemos como se faena e que mariscos viven principalmente nas nosas praias. Graciñas familias por axudarnos a aprender xogando!!!

PROGRAMA DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

Informámosvos do calendario de actividades previstas do programa de igualdade e violencia de xénero promovido pola ANPA NAPABÁN.

Agradecemos como sempre á ANPA a súa labor como membro da comunidade educativa.

Ratonius

Distribuir contido