Blogues

3º EP - NADAL EN LUÍNTRA

O alumnado de 3º de primaria interpreta a canción "Nadal en Luíntra".

JULIA e JULIANA - CON CALMA

As alumnas de 6º de primaria, Julia e Juliana, bailan a canción "Con calma".

4º EP - METIDO NUN OVO

O alumnado de 4º de primaria interpretou a canción "Metido nun ovo"

5º e 6º EP - PELO ROXIÑO

O alumnado de 5º e 6º de primaria interpretou a canción "Pelo roxiño".

BADALADAS DE FIN DE ANO

Para rematar a festa, todos comemos gusanitos ao ritmo das badaladas de Fin de Ano.

Aí vén o Nadal

O traballo coordinado ten como resultado experiencias así de bonitas: unha semana temática,

con contacontos do clube de lectura,

actividades de dinamización da lingua arredor da figura do apalpador

e visita de papá noel.

Aí v

VISITA DE PAPÁ A NOEL A ABANQUEIRO

Esta mañá recibimos a visita de Papá Noel no noso cole, que agasallou a todas as nenas e nenos de infantil con gusanitos e aos de primaria con caramelos. Todos tiveron a oportunidade de compartir con el os seus desexos para Nadal.

Aproveitamos a ocasión para desexarvos unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo.

MURAL COLABORATIVO eTwinning Project: OUR WORLD, MY WORLD

Este ano estamos traballando duro no noso proyecto eTwinning: Our World, My World. Despois de escoller o logo agora fixemos un mural colaborativo onde participou todo o alumnado do centro.

As alumnas e alumnos de infantil fixeron o mar e as nubes empregando para iso distintas técnicas e materiais.

As alumnas e alumnos de 1º, 2º e 5º de primaria adicáronse á sección das plantas.

As alumnas e alumnos de 3º e 4º de primaria deron forma aos animais.

As alumnas e alumnos de 6º elaboraron a parte dos humáns.

Día da Discapacidade; ou da Diversidade; ou de que TODAS SOMOS IGUAIS

O día 3 celebramos na Cachada, convidadas pola asociación AMICOS, o día da Diversiade Funcional.

Pasámolo en grande e xuntámonos con outras persoas que, coma nós, tamén gozan xogando e aprendendo.

https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/boiro/ecg/amicos-celebro-600-escolares-dia-discapacidad/idEdicion-2019-12-04/idNoticia-1217037

EXPLORERS 3º

Nesta unidade convertímonos en exploradores para traballar o vocabulario relacionado co campo e empregar o verbo "TO HAVE GOT" (TER) para construir frases.

DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

Dixámosvos un pequeno relato desta xornada.

Aniversarios de Novembro

Remata o mes e xuntámonos para celebrar os aniversarios das nosas compañeiras.

Parabéns a Martina, a Carmen e a Lía!

ECOMAR

A fundación ECOMAR ensionou ao noso alumnado de 5º e 6º de primaria a importancia de reciclar e coidar o medio ambiente.

Moitas grazas pola vosa aportación.

A ANPA contra a violencia

     

Esta mañá tivemos o gusto de ver a obra de Baobab teatro "Pum, pum".

Grazas á ANPA por facernos pensar en tódolos niveis do cole na importancia de respectarnos, de escoitarnos e de ser fortes para berrar.

Distribuir contido