Blogues

ACTIVIDADES INGLÉS MÉRCORES 18

Bo día a tod@s:

Hoxe vouvos deixar unha pequena ficha de repaso sobre o tema que estivemos a ver.

Tamén vos recomendo ver o conto de Aladdin (preme no seguinte enlace e logo baixa a barra de desprazamento para ver o conto de Aladdin). Espero que vos guste.

ALADDIN

Coidádevos moito e ata o luns:

relixion

relixion

Actividades para o mércores 18 de marzo de 2020.

   Estimadas familias, as actividades para o día de hoxe son as seguintes:

VISITA VIRTUAL AO SALÓN DO LIBRO

O Salón do Libro de Pontevedra tamén tivo que pechar as súas portas polo que ofrecen unha visita virtual ás exposicións e cada día irán publicando novos acontecementos. Nestes días nos que temos que buscar alternativas para os máis pequenos esta poder ser unha boa opción. Deixámosvos por aquí o enlace por se vos interesa.

Coidádevos moito.

SALÓN DO LIBRO

Traballo para martes 17

Boas:

Xa me enterei dos problemas que tivestes e algúns van un pouco atrasados co traballo para conseguir que vos vaiades poñendo todos o ritmo, hoxe só envio unha ficha de repaso de lengua. Non vos olvidedes do cuadernillo de mates.

Bicos.

Erro do arquivo adxunto

Estimadas familias. Á hora de adxuntar o arquivo tiven un erro e adxuntei o de Grafomotricidade de novo.

Disculpade.

Un saúdo

#todoiraben#, #euquedonacasa#

Xa empezan a chegar os primeiros debuxos da actividade #todoiraben#, #euquedonacasa#   

                        Lara da aula de 3 anos tamén nos fixo chegar o seu debuxo.

                   Andrea da aula de 5 anos co seu arco da vella.

#todoiraben#, #euquedonacasa#

Aquí vos deixamos unha canción que pode acompañar á nosa actividade #euquedonacasa# #todoiraben# e que transmite un pouco de positividade ante a situación que estamos a vivir.

https://www.youtube.com/watch?v=mdpNhu9l6Xo

Canción

Ola de novo, aquí vos deixo o enlace dunha canción de positividade para levar da mellor maneira posible a situación pola que estamos pasando. Copiade o enlace, non vai directo.

Ánimo!!!!

https://www.youtube.com/watch?v=mdpNhu9l6Xo

Propostas para Educación Física

Ola a tod@s: o primeiro é que espero que estedes tod@s ben e os mando ánimos para seguir adiante ante esta situación.

As seguintes propostas que ides ter son para esta quincena que temos que pasar.

Todo o deporte español, así como nos, está parado pero igual que estades a traballar dende a casa os nosos ídolos e deportistas tamén o están a facer dende as súas. O home sempre superou as adversidades que foi encontrando na vida e ante esta situación  que temos agora tamén sabemos como adaptarnos.

A seguinte proposta esta dirixida para os alumn@s de 3º- 4º-5º e 6º pero os mais pequenos, si queredes, tamén podedes buscar información ainda que non é obrigatoria esta actividade para vos.

fichas Martes

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 17

Ola de novo:

Hoxe imos repasar as preposicións, que foi a parte de gramática que vimos nesta unidade 4. Para empezar déixovos o video de repaso para as preposicións: ON, IN, UNDER, BY (NEXT TO).

A través de 2 xogos interactivos podedes repasar as preposicións nesta páxina: Exercicios repaso

Actividades propostas para o Martes 17 de marzo do 2020

Estimadas familias, as actividades que se propoñen para o día de hoxe son as seguintes:

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 17 e MÉRCORES 18

Bo día:

 

Distribuir contido