blogue demariaea |
Unha ficha para repasar a diferenza entre frase e oración e traballar un pouco o suxeito léxico e gramatical. |
|||
Completade o seguinte esquema para tratar de que quede claro un contido que é un pouco abstracto e vos resultou algo confuso. Parte do esquema xa está feito, só tedes que encher os ocos correspondentes. Aproveitádeo tamén para repasar esta parte do tema 8 que xa debedes ir estudando. |
|||
Bos días! Que tal estades? Seguro que ben. Para organizar mellor o traballo vouvos ir deixando algunhas actividades das materias que teriamos cada día. Imos cun día de retraso porque precisamos tempo para poñer a andar esta forma de traballo e a todos nos pillou desprevenidos. Hoxe traballaremos polo tanto lingua, lengua, sociais e mates, que sería o que teriamos feito onte na clase. Comezamos por mates... Recordades que o venres teriamos o exame do tema 8, non? Pois deixovos un modelo de exame e propóñovos que o fagades como se fose un exame real, vale? Tratade de facelo o mellor posible, REPASADE e non preguntedes ou miredes no libro ata que xa acabarades todas as opcións. |
|||
Para traballar de lingua, unha ficha sinxela para repasar as preposicións e conxuncións, así como as frases feitas e as interxeccións. |
|||
Deixo algúns exercicios de repaso de fraccións. Hai un pouco de todo, excepto problemas, que os traballaremos noutro momento. |
|||
Ola! Comezamos co traballo online cunha pequena autoavaliación de sociais, igual que algunha que xa fixemos de naturais na clase. Lembrades? Lede despacio a pregunta e as posibles respostas. Hai algunhas que se prestan a confusión se se responden rápido. Se tedes dúbidas podedes consultar o libro, pero intentade responder antes lembrando o xa traballado. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6