|
|||||
O alumnado de Educación Infantil volveu participar nunha producción audiovisual adaptando o conto O Cascabel e o Gato da Editorial OQO.
|
|||
Chegou o fin do curso e celebrámolo cun día de xogos e diversión. A continuación tedes o enlace para acceder ao álbum: Tamén tedes a continuación un recopilatorio de todas as fotos e vídeos publicadas ao longo do curso. |
|||
|
||||||
¿Coñeces a estrela "CEIP de Abanqueiro. Boiro"?
Dende o pasado 22 de maio no ceo nocturno pódese atopar unha estrela co nome do noso centro: "CEIP de Abanqueiro. Boiro". Tamén coñecida como Beta Centauri A, está a uns 390 anos luz e atópase no sistema Beta Centauri (tamén Hadar ou Agena) e é unha estrela xigante azul e unha das máis brillantes do firmamento (porque en realidade, a parte de ser unha estrela moi brillante, vense as tres estrelas do sitema de Beta Centauri superpostas, na fotografía de arriba tedes unha mostra da superposición). Por lástima, esta estrela só é visible dende o hemisferio Sur, polo que non podemos vela dende Boiro. É unha das estrelas clave para poder localizar a Estrela Polar no Hemisferio Sur. |
|||
|
|||
Este sábado día 20 a rúa peonil de Boiro tinguirase da arte do alumnado dos centros educativos de Boiro. Non o perdades! |
||||||
|
|||
Comezan as inscipcións nos cursos de vela de fin de semana de xuño no Clube Náutico. Non perdades a oportunidade. |
|||
Como en anos anteriores colaborarmos coa Cruz Vermella na distribución, para todos aqueles que o queiran, dos boletos do Sorteo do Ouro. Todos aqueles que queiran boletos que o notifiquen ao centro ou o indiquen na seguinte listaxe e leven os 5€. Listaxe de Reserva |
|||
|
|||
Bonjour! A semana pasada tivo lugar no noso centro unha xornada francófona onde todo o alumnado de infantil e primaria puideron degustar auténticas "Crêpes Bretonnes" da man de Jeremy Thomas, natural da Bretaña francesa e gracias o seu “food truck” La Marinière. Ademais cunhas nocións impartidas o longo destes días, o alumnado puido participar nunha breve conversa onde utilizaron palabras en francés adaptadas o seu nivel.
Deixámosvos unhas fotos e vídeos: https://photos.app.goo.gl/epM39UjQUPK2EoVAA Merci, à bientôt et bon appétit! |
|||
A semana pasada tivo lugar unha actividade colaborativa entre toda a comunidade educativa do noso centro que consistiu en pintar un mural co nome do centro e difentes imaxes relacionadas co fondo mariño representando así o significado etimolóxico de Abanqueiro: banco de ostras. Tamén pegamos trozos de azulexos doados polas familias e algunhas empresas da contorna que nos gustaría mencionar para agradecer públicamente a súa colaboración: - Saneamientos Alcalde - Material de construcción MCE Espiñeira - Almacenes Areeiros - Estudio en las nubes - Ferralla Calo - EmeOtero - Felipe Ces - José Pérez Domínguez, S.L. Tamén queremos agradecer a colaboración de AMICOS nesta xornada inclusiva onde todos disfrutamos moito. Todo este traballo foi posible e dirixido grazas a Gerardo Rodríguez “Chere”, profesor de Formación Profesional e experto muralista e á súa colaboradora Susana Ferradás, mestra de Debuxo Técnico de Educación Secundaria. Agradecemos ás familias a vosa colaboración. Deixámosvos un pequeno video resumo da evolución e un recopilatorio de fotos. https://photos.app.goo.gl/wv47XixgJXnVGiMB8 |
|||
Informámoslles de que dende hoxe, día 25 de abril, as listaxes de alumnos admitidos para o vindeiro curso están publicadas no taboleiro do centro, tal e como indican as instrucións da Consellería de Educación. Podemos dicirlles que todos os alumnos que solicitaron matrícula no noso centro están admitidos por non superar as prazas ofertadas. O día 15 de maio publicaremos as listaxes definitivas e deberán confirmar a súa praza entregando o seguinte impreso na secretaría do centro, onde tamén poden recollelo.
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »