blogue demariaea

Corrección do 20 de abril e tarefas para o 22 de abril

O traballo para mañá será de:

Matemáticas: exercicios 1,2 e 3 da páxina 136 e 137.

Sociais: Elaborar unha liña do tempo cos feitos que aparecen nas páxinas 98 e 99.

Lengua: Facedes o que se indica nas fotocopias de escribir un texto argumentativo. Ledes a noticia que recollín e expresades a vosa opinión elaborando un texto deste tipo. Tedes na fotocopia as expresións máis habituais.

Naturais: Imos elaborar unha botella de densidades. Se a facedes ben quedará semellante a un arco da vella. Seguide as instruccións que adxunto e tede coidado ao botar os diferentes líquidos, botádeos despacio, senón poden mesturarse algúns deles e non sairá. 

Corrección do traballo do venres e novas tarefas para mañá

Ola! Como estades? Que tal o fin de semana?

Quizais un pouco máis animad@s coa posibilidade de saír pronto, aínda que só sexa un anaquiño ...

Vouvos colgar as correccións do traballo do venres.

Algunhas familias comentaron que lles sería máis fácil a organización do traballo se colgamos hoxe todo o material para imprimir na próxima semana así que vou facer así. Hoxe vou poñer aquí varios materiais de cada materia e cada día irei dicíndovos o que tedes que facer.

Espero que non haxa problema.

Vamos alá:

Corrección do traballo do 16 de abril

Aquí vos deixo as correccións do traballo de onte.

Saúdos.

Traballo para o venres 17

Ola!

Como ides?

Para mañá venres vouvos poñer traballo de matemáticas, sociais e lingua.

Matemáticas: Uns exercicios de repaso acumulativo: 4 (só os dous primeiros exemplos de cada columna), 6 e 7 da páxina 145.

Corrección do traballo do 15 de abril

Publico a corrección dos traballos de onte.

Saúdos.

Traballo para o xoves 16 de abril

Ola a tod@s:

O traballo para mañá xoves será de lingua, matemáticas e naturais.

Lingua: Imos facer a lectura das páxinas 132 e 133 e os exercicios 2, 3, 5, 6 e 7.

Non precisades copiar os enunciados se o facedes na libreta.

Matemáticas: Páxina 145, exercicios 8, 9 e 10.

Traballo do 14 de abril corrixido

Ola!

Como vos dixen publico hoxe as solucións do traballo previsto para hoxe.

Un saúdo.

Traballo para o 15 de abril

Bos días!

O mércores tócanos traballar matemáticas, sociais, lengua e naturais.

Matemáticas: Páxina 134 exercicios 1 e 2, páxina 135 os dous primeiros apartados dos problemas (O da fábrica de refrescos e o de calcular a distancia entre Solana e Umbría). Igual que onte adxunto os enunciados copiados por se alguén o quere empregar. Non é preciso, podedes poñer simplemente páxina e nº de exercicio.

Sociais: Un enlace para un vídeo de Draw my life que trata o tema que comezamos a estudar

https://www.youtube.com/watch?v=bAWQZewONTI

Lengua: Lectura das páxinas 138 e 139 e exercicios 2,3, 6 e 7 da páxina 140.

Benvid@s de novo. Organización do traballo e tarefas para mañá.

Ola a tod@s!

Que tal estades?

Xa estamos de novo por aquí e temos que comezar a terceira avaliación, así que … MOITO ÁNIMO!

Imos cambiar a organización do traballo que tivemos ata agora porque é inviable.

Solucións

Ola!

Que tal vos foi coas tarefas? Gustáronvos?

Hoxe publico as solucións.

Comezamos as vacacións de Semana Santa polo que non vos vou poñer traballo para estes días.

Descansade e pasádeo o mellor posible.

Á volta veremos como organizamos o traballo da terceira avaliación. 

Coidádevos moito.

Unha aperta.

Tarefas para o venres 3 de abril.

Ola chicas e chicos!

Chegamos ao final da segunda avaliación pero con esta situación extraordinaria que estamos vivindo non temos as sensacións habituais, verdade?

Tarefas xoves 2 de abril

Bos días!

Vouvos deixar o traballo para mañá:

- Matemáticas: Unha ficha con tres problemas.

- Naturais: o test de autoavaliación dos contidos traballados neste trimestre. MAÑÁ PUBLICAREI AS SOLUCIÓNS, polo que podedes autocorrixilo. Se tedes algunha dúbida ou necesitades algunha aclaración non dubidedes en dicirmo por correo electrónico.

- Lengua: Ides facer unhas fichas interactivas online. Podedes escoller a opción de comprobar. Son sobre prefixos e sufixos unha, e sobre adverbios e enlaces a outra. Ao igual que en naturais, consultádeme calquera dúbida que poida xurdir.

Tarefas para o mércores 1 de abril

Bos días!

O traballo para mañá mércores vai ser o seguinte:

- Matemáticas: dúas fichas para traballar as diferentes unidades de capacidade e masa.

- Lengua: Traballo sobre o punto e coma e a coma.

- Sociais: Empregando o que sabedes sobre a división de poderes, tratade de explicar un titular de prensa. Pensade a que poder pertence cada órgano que aparece no titular e cales son as súas funcións.

- Naturais: Neste enlace podedes repasar algúns conceptos sobre a enerxía 

https://cplosangeles.educarex.es/web/cmedio6/la_energia/index.htm

Podedes facer as propostas 1, 2, 3, 11, 12, 14.

Traballo martes 31 de marzo

Bos días!

O traballo para mañá será de matemáticas, lengua e lingua.

En matemáticas seguiremos co cambio de unidade da lonxitude.

En lengua repasamos o predicado nominal e en lingua unha cousiña nova pero moi sinxela: as siglas, as abreviaturas e os neoloxismos.

Primeiro vai unha pequena explicación e despois os exercicios.

Ánimo!

Unha aperta.

Traballamos o teatro

Bos días a tod@s!

Sabedes que o venres 27 foi o día mundial do teatro?

O traballo de mañá vai estar centrado no teatro, que como xa sabedes é xunto coa lírica e a narrativa un dos xéneros literarios. Lembrabadelo, verdade? ;) 

En primeiro lugar deixovos o enlace dunha peza teatral do grupo catalán Tricicle. Non sei se os coñecedes... Fan teatro mudo e baseado no absurdo. A ver que vos parecen ...

https://www.youtube.com/watch?v=fqaC3zC7Udo

A outra proposta é unha pequena obra de teatro e unhas tarefas para facer a partir dela.

Distribuir contido