blogue dearanchapernas |
PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS AXUDA FONDO LIBROS |
|||
Aquí vos deixo un pequeno video resumo da nosa participación no programa EduExchanges promovido pola Consellería de Educación. Estas foron algunhas das actividades levadas a cabo ao longo deste curso co alumnado de 5º de primaria e o centro Eskisehir Barbaros Primary School de Turquía. |
|||
O pasado venres tivemos o pracer de recibir no noso centro a Víctor Lorenzo, máis coñecido na súa terra como Víctor Lomba, un apasionado do mundo dos nenos. Con el descubrimos as últimas pegadas da nosa benquerida Pita, a gaivota mascota da nosa biblioteca que fai uns meses escapou e segue perdida por Boiro adiante. |
|||
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO
Bo día, comunicámoslles que xa están dispoñibles no taboleiro do noso centro as listaxes definitivas do alumnado admitido para o vindeiro curso 2022-2023. Informámoslles de que todas as solicitudes foron admitidas. |
|||
A ilustradora SONIA GARCÍA, visitou o noso centro e explicoulle aos nenos técnicas moi interesantes sobre a ilustración. |
|||
Esta semana conmemoramos EASTER e fixemos distintas actividades dende o departamento de plurilingüismo: - Aprendimos vocabulario. - Cantamos e bailamos cancións de Easter. - Fixemos sopas de letras, crucigramas e coloreamos debuxos. - En Arts elaboraron Chicks e Easter Bunny dando liberdade a súa imaxinación e creatividade. |
|||
O alumnado de 4º estivo levando a cabo ao longo dunha semana o proxecto The Language Magician. Primeiro fixemos distintas actividades na aula e no salón de actos cun enfoque totalmente lúdico que nos serviu para repasar diferentes temáticas que logo lles farían falla para converterse en aprendices de bruxos e salvar aos animais que Winivil, un mago malvado, tiña secuestrados no alto dunha torre. O último día se adentraron no videoxogo a través do uso de Ipads, onde tiveron que ir resolvendo actividades orais e escritas en inglés para conseguir liberar aos animais. |
|||
Bo día: Comunicámoslle que xa están publicados no taboleiro do noso centro as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2022-2023. Poden consultalas presencialmente ou empregando a Chave 365. De todos xeitos, informámoslles de que todos os que solicitaron praza no noso centro foron admitidos. |
|||
Bo día: A continuación informámoslles da obra de teatro que se representará o venres día 8 na Casa da Cultura de Boiro. |
|||
Este ano fixemos a nosa humilde representación do tradicional Enterro do Oso de Abanqueiro. Os nenos aprenderon un montón coas charlas previas e pasámolo en grande o día da celebración. Aquí vos deixamos un pequeno resumo. A bailarrrr!!!!! |
|||
Hoxe recibimos un pequeno agasallo para os nenos e a placa conmemorativa do Selo de Calidade recoñecido ao noso centro polo proxecto eTwinning do curso pasado: LINGOTURE.
Moi contentos despois do traballo! |
|||
O pasado xoves tivo lugar no noso centro o tradicional enterro da nosa Ceboliña. Aquí tedes un pequeno resumo dese día. Moito choramos por ela!!! |
|||
O 30 de xaneiro conmemoramos o "Día da Paz e a non violencia" e dende o departamento plurilingüe de plástica fixemos unha pomba empregando diferentes texturas: o alumnado de 1º de primaria foi o encargado de pegar algodón, o de 2º do papel pinocho, 3º de plastilina, 4º de envoltorios de magdalenas, 5º de arroz e 6º de porespán. Entre todos fixemos esta bonita pomba: |
|||
Onte foi o último día da nosa auxiliar de conversa india no noso centro. Sabemos que todos a imos botar moito de menos. Algo que recordarán todos os nen@s do seu paso polo noso cole é a canción de Bum Bum Bole que tanto bailamos en clase dende a súa chegada. Esta canción aparece nunha película india e o seu protagonista é un mestre de educación primaria. Suparva fixo un pequeno vídeo recopilando anacos de baile en tódolos cursos. Espero que vos guste tando coma aos nenos. |
|||
Queremos agradecer a colaboración das familias na recollida de alimentos en favor de Cáritas. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »