Blogues

Correccións

Bos días!

Que tal van eses enigmas?

Adxúntovos as correccións do traballo de luns e martes e tamén as do xoves e venres da semana pasada, que as tiñamos pendentes.

Unha aperta!

PARABÉNS SARA E SAMUEL.

Onte foi o último mércores do mes de xuño e, sabedes que tocaba facer na escola?.... SIIIIII, os aniversarios dos nosos compañeiros e compañeiras.

Polo de agora seguimos sen ir á escola, pero sen a vosa felicitación non quedades.

Farewell

Wednesday, 17th June

Good morning!

How are you?

Xa remata o curso e non temos que facer máis tarefas! Pero por se vos apetece despedirvos, this Friday 19th of June (o venres) faremos videoconferencia de despedida (farewell) que será ás 11:30 para todos, así que como imos ser bastantes conectados, lembrade ter o micro en mute e pedir a palabra para que escoitemos todos ben. 

Por se algún de vós non se pode conectar a esa hora, mándovos unha aperta moi grande e un bico, e espero que este curso disfrutárades moito co English nas miñas clases. Calquera cousa que precisedes, ou dúbidas, enviádeme un correo, ok? 

Summer cards photos

Hello kids!

Xa chegaron algunhas fotos das vosas Summer cards! Están xenial, great job! Gracias polo esforzo e por traballar tanto.

         

                           Sarai                                                 Fredo

Campamentos de verán da Xunta de Galicia

Convocados os Campamentos de Verán da Xunta de Galicia

Na seguinte ligazón poden obter a información relativa á inscripción de alumnado nos campamentos de verán da Xunta de Galicia:

ORDE do 9 de xuño de 2020 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2020 e se procede á súa convocatoria.

Campamentos de verán do Concello de Boiro

Convocados os campamentos de verán do Concello de Boiro: Campamento Concilia (dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos) e Campamento Tecnolóxico (dirixino a nenos e nenas de 11 a 13 anos).

A continuación teñen toda a información (en Axuntos as follas de inscripción)

Campamento Concilia Boiro 2020

Campamento Tecnolóxico Boiro 2020

Actualización de datos da Renda dos usuarios de Comedor

Actualización de datos da Renda dos usuarios de Comedor

Xa podemos proceder a actualizar os datos de Renta dos usuarios de comedor.

Poden descargar o arquivo axunto, cubrilo, asinalo e entregalo no centro (tanto en presencial como a través do correo electrónico). Tamén poden dispoñer dunha copia do impreso no centro.

Enigmas e pasatempos

Bos días chic@s!

Como vai a semana?

Fago o último envío deste curso: un conxunto de enigmas e pasatempos para que tratedes de resolvelos estes días.

Saúdos!

ACTIVIDADES INGLÉS MÉRCORES 17

Hello! How are you?

Hoxe será o último día que vos poña tarefas de inglés.

Así que imos rematar o curso cunha canción con sabor a verán.

We Own the Summer de Milo Manheim

Reunión mércores 17 de xuño

Mércores 17 de xuño

Boas.

Para mañá mércores , non temos tarea , só falaremos .

Procurade conectarvos.

Ata mañá.

Traballo para o martes 16

Bos días!

O traballo para hoxe é de matemáticas. Páxinas 192-193, exercicios 1, 2, 6 e 10 (só o primeiro apartado).

Como vos dixen onte será o último día de traballo das asignaturas de clase.

Saúdos!

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 16

Hello! How are you?

Hoxe será o último día que vos poña tarefas de inglés.

Así que imos rematar o curso cunha canción con sabor a verán.

We Own the Summer de Milo Manheim

Se non nos vemos polo cole, deséxovos moita sorte na nova etapa que ides comezar o vindeiro curso.

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 16

Hello! How are you?

Hoxe será o último día que vos poña tarefas de inglés. Así que imos rematar o curso cun xogo de Pasapalabra para repasar o vocabulario.

PASAPALABRA

E agora déixovos unha canción moi divertida con sabor a verán que podedes cantar e bailar.

SUMMER TIME

REPASO DE GALEGO

BOAS:

FÍXENVOS UN REPASO DOS CONTIDOS DE GALEGO.

Tarefas martes 16 xuño

Bos días raparigos. Aquí tedes os deberes para hoxe:

- Castellano, pág 182 (copiar cuadro, 2, 3)

- Repasar tabla (6, 7)

Distribuir contido