Blogues

Madrugadores

Madrugadores

Servizo de Madrugadores

 

A ANPA Napabán comeza a poñer en marcha o servizo de Madrugadores para o cal se debe cubrir e asinar a folla de inscrición axunta a este post. 

Mail de Napaban napaban@gmail.com

Declaración Responsable por COVID-19

atencion

Declaración Responsable

De obligatorio cumplimento para as familias.

Dende a Xunta establecen a obriga de que as familias entreguen asinada unha Declaración Responsable, que poderán descargar (ver arquivos axuntos) ou solicitar na secretaría do centro, o máis pronto posible.

Período de adaptación de 4º de Infantil. Curso 2021-2022

Adaptación

Período de adaptación de 4º de Infantil.

Curso 2021-2022

Como todos os cursos e tal e como establece a Orde de Calendario Escolar para o curso 2021-2022, o inicio de curso para os máis pequenos (4º de Infantil, é dicir, 3 anos) realizarase de xeito escalonado.

Cheques de material e libros

RECOLLIDA DE CHEQUES DE LIBROS E MATERIAL

Todas aquelas persoas que non recolleron os cheque den xullo poden facelo durante esta semana. Só teñen que solicitar a cita previa na web do centro (ou chamando por teléfono) para proceder á recollida dos mesmos.

cita previa

Este curso estreamos a materia de Iniciación á Lingua Francesa

francés

Este curso estreamos a materia de Iniciación á Lingua Francesa

Este curso, nos niveis de 4º e 6º de primaria estrearemos a materia de Introducción á Lingua Francesa.

¡Ánimo que xa queda pouco!

NOVOS PROXECTOS eTWINNING

Este curso participaremos en 2 proxectos eTwinning:

Convocatoria de Axudas NEAE

CONVOCATORIA DE AXUDAS NEAE

Convocáronse axudas para alumnado con necesidade educativas especiais.

O prazo de presentación, no centro educativo (pois debe levar o visto e prace da inspección) é dende o 9 de agosto ata o 30 de setembro.

Para a solicitude destas axudas é necesario que exista certificación de discapacidade ou informe médico que o acredite.

Maís información en: http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

SELO DE CALIDADE NACIONAL ETWINNING

Presentación de documentos firmados dixitalmente

Presentación de documentos asinados dixitalmente

Este tipo de documentos son perfectamente válidos e non é necesario ir en persoa ao centro, polo que é cómodo por se non se pode ter dispoñibilidade nas horas de oficina de secretaría. Necesitaremos DNIe ou cetificado dixital.

Listaxe definitiva de adxudicación de Fondo Libros

Lisaxe definitiva de adxudicación de Fondo Libros

No arquivo axunto poden consultar os libros adxudicados pola aplicación Fondo Libros en función da Renda.

Para os cursos de 3º e 5º, deberán mercar os libros que NON aparecen na listaxe. Os libros da listaxe serán mercados polo centro educativo.

Para o alumnado de 1º e 2º haberá vales para recoller no centro, ao igual que os vales para merca de material.

Listaxe provisional de Fondo Libros

Listaxe provisional de Fondo Libros

Nas listaxes axuntas publícanse as adxudicacións provisionais de de libros e de vales para adquisición de material, así como os motivos de non concesión.

Para interpoñer reclamación dispoñen ata o fin de semana.

Se queren coñecer os datos de Renta que aporta facenda e que soen ser a principal causa de non concesión, poden chamar por teléfono e comprobar se coinciden cos que vostedes dispoñen.

Para interpoñer a reclamación deberán presentar documentación acreditativa que a xustifique e demostre que os datos facilitados pola Axencia Tributaria non sos os correctos.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

No documento axunto figura a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021.

O curso chegou ao seu fin.

Este curso xa remata, un curso moi especial por moitos motivos, pero o máis especial de todos é que vós estábades presentes.

Final do curso

Ola chic@s!

Como quen non quere a cousa chegamos ao último día deste estraño curso...

Lembrades o 12 de marzo? Estabamos nunha charla despois do patio, o 13 tiñamos exame de matemáticas. Ou non? Ao rematar a charla conteivos que se suspendían as clases, pero seguramente só uns días. Iso era o que pensabamos, aínda non sabiamos o que se nos viña enriba.

Feliz verano

Dende Educación Física quería felicitarvos a todos e todas polo voso traballo e dedicación neste periodo escolar que nos tocou vivir online.

Quero desexarvos un bo verán e que carguedes as pilas para o vindeiro curso onde esperemos que volva todo a normalidade.

Gustariame despedirme de todos vós como o facemos todos os anos, cunha festa de fin de curso pero non pode ser.

Felices vacacións e os que ides a Secundaria moita sorte nesa nova aventura. 

Distribuir contido