blogue dearanchapernas |
Cos alumnos e alumnos de 4º, 5º e 6º comezamos o curso repasando os números ata o 100 xogando ao Bingo. Tamén repasamos os números xogando co spinner. |
|||
Comezamos o curso repasando as cores e os números cos máis pequenos de primaria. Para isto, deben alimentar ao noso tiburón que cando ten fame fainos unha pequena visita. A actividade consiste en dar de comer ao "shark" peixes de cores que ademais teñen un número escrito, expresando de forma oral o peixe escollido por eles.
|
|||
A profe de inglés Arancha pedíulle á súa amiga Beatriz Vila, experta en actividades de Escape Room, que viñera ao noso centro a poñer en práctica unha das súas actividades. Os elexidos para atopar o antídoto e salvar o mundo foron os alumnos de 2º de Primaria. Deixámosvos un resumo do desenvolvemento da actividade na que os nenos e nenas disfrutaron moito. Moitas grazas Bea polo teu tempo! |
|||
Por último, saímos ao patio e todo o alumnado de Educación Primaria interpretou a canción "O son do ar". |
|||
O alumnado de 6º de Educación Primaria interpretou á frauta o "Himno galego". |
|||
Logo seguíronlles o alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria coa súa interpretación á frauta da canción "Danza de paos". |
|||
Continuaron a súa actuación o alumnado de 4º de Educación Primaria coa interpretación á frauta da canción "O primeiro valse". |
|||
O pasado mércores 16 de maio tivo lugar no CEIP Plurilingüe de Abanqueiro a conmemoración do Día das Letras Galegas coa súa tradicional romaría e as actuacións dos nosos protagonistas. Nesta ocasión, comezaron os máis pequenos coa súa representación da canción "A princesa do Caurel". |
|||
Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria cantan " Mr Upside-Down", así repasamos diversas accións e as horas. |
|||
O alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria cantan "Animal Fun", así aprendemos os distintos nomes de animais en inglés. |
|||
O pasado xoves celebramos no noso centro o Dïa do Libro debido ás boas temperaturas prognosticadas. A actividade consistíu en formar grupos de lectura onde os alumnos e alumnas se identificaron cunha flor. |
|||
Con motivo do mes do teatro, os alumnos de 6º representaron para o resto dos compañeiros do colexio a obra de títeres Carapuchiña Vermella ("Little Red Riding Hood"). |
|||
Os nenos e nenas de Abanqueiro participaron nunha cacería de ovos de Pascua no patio do colexio. |
|||
Ao longo da semana pasada celebramos na área de inglés e plástica o día de San Patricio, Saint Patrick's Day, que ten lugar o 17 de marzo. Os alumnos e alumnas aprenderon as orixes desta tradicional festa irlandesa e como se celebra na actualidade en moitas cidades importantes. Tamén fixemos diferentes actividades relaciones con esta celebración. Os máis pequenos colorearon un "leprechaun" (duende). |
|||
Os alumnos e alumnas de 3º E.P. interpretan a canción Where's my Mouse? que nos serve para aprender as preposicións: in, on, under, next to. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- seguinte ›
- última »