Blogues

Instalar e reconfigurar AbalarMóbil

AbalarMóbil

Instalar e reconfigurar AbalarMóbil

 

Axudas económicas ás familias para a conciliación periodos de vacacións escolares a través do Bono Coidado

Axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e periodos de vacacións escolares a través do Bono Coidado

 

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares (código de procedemento BS412A), así como proceder á súa convocatoria.

 

Máis info en: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS412A&ano=2021&numpub=1&lang=gl

 

  

SERVIZO MADRUGADORES

SERVIZO DE MADRUGADORES

 

No documento axunto poden ver información acerca do servizo de madrugadores levado a cabo pola ANPA Napabán, así como descargar a folla de inscripción. 

Calendario escolar do curso 2020-2021

Axudas POS do Concello de Boiro

AXUDAS POS DO CONCELLO DE BOIRO

Ata o 15 de novembro está o prazo aberto para solicitar as axudas POS que se tramitan dende os Servicios Sociais de Boiro. É interesante a liña:

 

Axudas ás familias para gastos que faciliten a escolarización, material informático, acceso aos medios dixitais valoradas polos profesionais dos servizos sociais comunitarios.

Axúntase as bases da convocatoria

Selo de calidade eTwinning

Por tercer ano consecutivo acábannos de conceder o selo nacional de calidade eTwinning polo proxecto deste curso LINGOTURE.

Axudas para alumnado NEAE

Axudas para alumnado NEAE

  

 

Publicado no BOE o proceso para a solicitude de axudas NEAE. Máis información na seguinte ligazón.

 

Escola da reunión de 4º de Infantil

 

ESCOLMA DA REUNIÓN DE 3 ANOS

Para todos aqueles que non puideron asistir.

 

 

A continuación poden dispoñer da presentación/resumo empregado na reunión de recepción de familias de novo ingreso no centro.

 

Calendario de Fondo de Libros

Calendario de Fondo de Libros

Tal e como indica a normativa, para dar publicidade ao calendario do proceso, a partir de hoxe os pasos a seguir para o Fondo de Libros será o que segue (sempre que a aplicación informática da Consellería de Educación nolo permita, polo que en tal caso podería haber unha flexibilización nas datas):

Colaboración da ANPA

A ANPA NAPABÁN vén de colaborar co CEIP Plurilingüe de Abanqueiro na ampliación do material didáctico dixital empregado nas aulas. Material que se axunta ao xa disposto polo centro e que nos virá estupendamente para seguir traballando e aprendendo.

 

¡Moitas Grazas!

 

Entrega de iPads

 

Admitidos no centro e formalización de matrícula

Admitidos no centro e formalización de matrícula

 

No taboleiro do centro están expostas as listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2021-2022. Todo o alumnado que solicitou admisión está admitido.

Todos aqueles que non entregaran o documento de formalización de matrícula poderán facelo descargando, cuprimentando e entregando o documento axunto.

 

 

Actividades culturais de maio no concello de Boiro

maio cultural 2021

Actividades do Día do Libro 2020

RECIPES

O alumnado de 6º está traballando a receta de cociña en inglés e hoxe fixeron unha exposición dunhas recetas moi sabrosas.

Quen puido trouxo unha pequena mostra para a merenda, unha pena que este ano non as puidéramos compartir entre nós.

Moitas grazas como sempre ás familias pola vosa colaboración.

St PATRICK'S DAY

Estes son algúns dos traballos de plástica realizados polo alumnado de 6º de primaria con motivo da conmemoración do día de San Patricio.

Distribuir contido