blogue dearanchapernas |
Con motivo da participación no concurso de recollida de pilas usadas PILABOT, o alumnado de primaria asistiu hoxe no centro a unha charla sobre a reciclaxe de pilas. |
|||
Unha vez rematada a unidade Collections co alumnado de 5º de primaria, trasladouse a unha situación real de aprendizaxe simulando estar nun mercado. Mentres uns fixeron de tendeiros os outros facían de clientes e logo intercambiaron os papeis. Empregamos para isto unha réplica das libras, moeda oficial no Reino Unido. |
|||
Con motivo da conmemoración de San Valentín, durante a pasada semana levamos a cabo algunha actividade interesante no centro: Na área de Plástica: o alumnado de primaria decorou unhas bolsiñas de papel que logo enchemos de dulces e intercambiaron cos seus amigos. Dende a Biblioteca: todo o alumnado que quixo participar deixou unha mensaxe de afecto a algún compañeiro do cole. O venres despois do recreo abriuse a caixa das mensaxes e repartíronse entre os nenos e nenas. |
|||
Aquí vos deixamos o video editado polo mestre de música e proposto e traballado nas aulas pola mestra de PT como conmemoración do Día da Paz. |
|||
O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria desprazouse o pasado venres ao centro de Espiñeira, onde ten lugar o Obradoiro de Emprego de Hostalaría de Boiro. Alí puidemos ver como os alumnos do centro aprenden a desenvolver diferentes traballos, coma coidar a unha persoa no seu domicilio ou coidalo se se atopa ingresado nun hospital. Tamén aprendemos a facer palmeriñas e boliños de pan. Asistimos a unha charla sobre alimentación sa e equilibrada e levamos a cabo distintas actividades. Visitamos as cociñas e degustamos un saboroso almorzo saudable. |
|||
Aquí vos deixamos as actuacións do noso Festival de Nadal. Comezaron os máis pequenos, o alumnado de infantil de 3 e 5 anos, que interpretou a canción "Fuches tú". |
|||
Aquí vos deixamos as actuacións do noso Festival de Nadal. Comezaron os máis pequenos, o alumnado de infantil de 3 e 5 anos, que interpretou a canción "Fuches tú". |
|||
O alumnado de infantil de 4 anos representou a canción "Nubes". |
|||
O alumnado de infantil de 5 anos interpretou a canción en inglés "Rudolph". |
|||
O alumnado de 1º e 2º de primaria representou a canción "Feliz Navidad". |
|||
O alumnado de 3º de primaria representa a obra "Os nosos contiños". |
|||
O alumnado de 2º de primaria interpreta a canción en inglés "When Santa got stuck up the Chimney". |
|||
O alumnado de 3º de primaria interpreta a canción "Nadal en Luíntra". |
|||
As alumnas de 6º de primaria, Julia e Juliana, bailan a canción "Con calma". |
|||
O alumnado de 4º de primaria interpretou a canción "Metido nun ovo" |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »