Blogues

Festival de Nadal 2021-2022

Festival de Nadal de 2021

 

A continuación disporán da emisión do festival. 

De producirse algún erro de retransmisión, nesta mesma páxina, procederemos a intentar solventar o problema.

ENTREGA DE MÁSCARAS

A continuación poden consultar a listaxe de alumnos admitidos para a distribución de máscaras. Este listado tamén se atopa no taboleiro do centro.

Instrumentos tradicionais

Estivemos traballando os instrumentos tradicionais e realizamos de debuxos dos mesmos.

Esta é unha mostra do traballo realizado polo alumnado de 3º de Primaria.

Puzzle de Nadal

O alumnado de 1º de Primaria realizando un traballo do proxecto: o Puzzle de Nadal.

CHRISTMAS CARD EXCHANGE

Un ano máis, o noso centro participa nun proxecto de intercambio de postais de Nadal a través de eTwinning. Despois de que o curso pasado este intercambio tivera que ser telemático por mor da pandemia, este curso retomamos o intercambio de forma física e as postais elaboradas polo alumnado de primaria viaxarán ata Turquía, Portugal, Croacia, Finlandia, Eslovaquia, República Checa, Lituania, Grecia, Rumanía, Italia e tamén a Santiago de Compostela.

Esperamos ansiosos recibir as nosas postais.

3º PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

3º PISTA                                ATENCIÓN!!!!

Bo día a todos amig@s! Esta mañá, recibimos unha nova pista de Pita, unha policía municipal, atopou dúas plumas de cores que divisou moi preto do Concello. Como está sendo moi mediática esta gaivota, xa todos saben que o seu niño mora aquí, no colexio de Abanqueiro, e polo tanto veñen a traernos o recado.

Apertura de solicitudes de transporte escolar

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

REFRÁNS POLO MAGOSTO

Boas!

Estamos no tempo das castañas e, polo tanto, esta semana estivemos traballando sobre o magosto.

SAÍDA AOS CASTROS NEIXÓN

Boas a tod@s!

 

Como ben sabedes, este curso o proecto do colexio titúlase “Seguindo as pegadas de Pita”. Pita vainos deixando a súa pegada deixando algunha plumíña nos lugares que visita.

O MAGOSTO

Boas!

Estamos no tempo das castañas e, polo tanto, esta semana estivemos traballando sobre o magosto.

Para iso, as nenas e os nenos de 3º e 4º buscamos distintos refráns, adiviñanzas ou coplas en galego. Moitas delas non as coñecíamos e é unha pena que se perdan estas tradicións dos nosos avós e avoas que se xuntaban para cantalas.

No seguinte vídeo podedes ver o material tan valioso que encontramos sobre o magosto e o outono. 

SAÍDA AOS CASTROS DE NEIXÓN

Boas a tod@s!

Como ben sabedes, este ano o proxecto do noso colexio titúlase Seguindo as pegadas de Pita. Pita vainos deixando o seu rastro perdendo algunha plumiña polos lugares que visita. 

Un deses lugares foron os Castros de Neixón e, alá fomos os nenos e nenas de 3º e 4º! Neste vídeo podedes ver algunhas imaxes do ben que o pasamos. 

Un saúdo! 

2ª PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

INFORMACIÓN INÉDITA!!!!

Boa tarde amig@, informarvos que recentemente dúas nenas deste colexio atoparon a 2ª pista de Pita. Que nervios!!!!!

Axudas para distribución de Mascarillas

AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS

 

Dende hoxe, hai un prazo de 10 días para solicitar as axudas para a merca de mascarillas para o alumnado de Educación Primaria.

  • Todos aqueles que xa sexan beneficiarios da Axuda de Material Escolar durante o presente curso non necesitan presentar ningún tipo de documentación.
  • Aqueles que non sexan beneficiarios da Axuda de Material Escolar no curso 21-22, poderán solicitar esta axuda (mediante o Anexo axunto) no caso de que cumpran algunha das seguintes condicións:
    • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.
    • Alumnado matriculado en educación especial.
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Nota: Axúntase a solicitude en formato pdf.

Teatro na Cachada - Outono Cultural

Distribuir contido