blogue dearanchapernas |
Boas de novo! Para os dous días que quedan desta semana propóñovos facer unha redacción. Xa sei que é unha das actividades máis complexas en calquera lingua, por isto, elaborei unhas pautas a seguir, é como se fórades redactando pouco a pouco a vosa historia. Non vos deixo máis traballo esta semana porque son consciente do esforzo que supón esta tarefa. Moito ánimo, Arancha |
|||
Good morning everyone! Hoxe soamente vos vou deixar un xogo do TRIVIAL para que repasedes estruturas básicas, fixádevos moito. Que pasades un bo martes! Sede pacientes e portádevos ben. Vémonos pronto! |
|||
Good morning everyone! Como o ides levando? Seguro que algún día se vos fai un pouco longo, pero tede paciencia, veredes como todo isto pasará e se nos quedamos en casa xuntos venceremos ao virus. Para este martes propóñovos ver o seguinte video de repaso do Comparative and Superlative. |
|||
Bo día a tod@s: Como o ides levando? Seguro que algún día se vos fai un pouco longo, pero tede paciencia, veredes como todo isto pasará e se nos quedamos todos na casa xuntos venceremos ao virus. Para este luns propóñovos ver o seguinte video de repaso do Past Simple with regular verbs. |
|||
Bo día a tod@s: Como o ides levando? Seguro que algún día se vos fai un pouco longo, pero tede paciencia, veredes como todo isto pasará e se nos quedamos todos na casa xuntos venceremos ao virus. Para este luns propóñovos facer unha ficha de repaso. E logo de traballar un pouquiño, podedes repasar os contidos xogando. Premede no seguinte enlace: |
|||
Bo día a tod@s: Hoxe vouvos deixar unha pequena ficha de repaso sobre o tema que estivemos a ver. Tamén vos recomendo ver o conto de Aladdin (preme no seguinte enlace e logo baixa a barra de desprazamento para ver o conto de Aladdin). Espero que vos guste. Coidádevos moito e ata o luns: |
|||
O Salón do Libro de Pontevedra tamén tivo que pechar as súas portas polo que ofrecen unha visita virtual ás exposicións e cada día irán publicando novos acontecementos. Nestes días nos que temos que buscar alternativas para os máis pequenos esta poder ser unha boa opción. Deixámosvos por aquí o enlace por se vos interesa. Coidádevos moito. |
|||
Ola de novo: Hoxe imos repasar as preposicións, que foi a parte de gramática que vimos nesta unidade 4. Para empezar déixovos o video de repaso para as preposicións: ON, IN, UNDER, BY (NEXT TO). A través de 2 xogos interactivos podedes repasar as preposicións nesta páxina: Exercicios repaso |
|||
Bo día: |
|||
Boas tardes: |
|||
Bo día chic@s: Dentro dun rato deberíades estar en clase de inglés comigo, pero por motivos de seguridade debemos quedarnos todos en casa, xa veredes como entre todos seremos capaces de superar ao Coronavirus e pronto volveremos a estar todos xuntos. O importante é que fagades moito caso estes días aos vosos papás porque tamén é unha situación difícil para eles. Eu irei colgando actividades de repaso para que non vos olvidedes de todo o aprendido. |
|||
Ante a actual situación de contaxio por COVID-19 e seguindo as novas medidas da Consellería de Educación, que varían e variarán dependendo da evolución do contaxio por coronavirus: |
|||
Aquí vos deixamos un enlace á galería de fotos do entroido 2020. |
|||
Aquí vos amosamos o audio-libro que estivemos a gravar esta semana con nenos e nenas de 1º a 6º de primaria. Este ebook é unha das actividades propostas no proxecto eTwinning no que participamos este curso e que compartiremos con alumnos de centros doutros países de Europa. |
|||
Este ano a temática dos nosos disfraces de Entroido xirou arredor do proxecto eTwinning Our World, My World. Deste xeito, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria disfrouse de animais, pulpos, paxaros e vacas; o alumnado de 4º do mar, o de 5º de natureza e o de 6º de aire. O alumnado de infantil está traballando na aula o proxecto do mar, polo que esta foi a temática escollida para os máis pequenos. Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración tanto na elaboración dos disfraces coma nos doces que trouxéstedes. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »