Blogues

VIDEO AUXILIAR CONVERSA BUM BUM BOLE

Onte foi o último día da nosa auxiliar de conversa india no noso centro.

Sabemos que todos a imos botar moito de menos. Algo que recordarán todos os nen@s do seu paso polo noso cole é a canción de Bum Bum Bole que tanto bailamos en clase dende a súa chegada. Esta canción aparece nunha película india e o seu protagonista é un mestre de educación primaria.

Suparva fixo un pequeno vídeo recopilando anacos de baile en tódolos cursos. Espero que vos guste tando coma aos nenos.

Día da Paz 2022

Día da Paz 2022

 

Aquí vos deixamos, con moito cariño, o vídeo do baile realizado polo alumnado de CEIP Plurilingüe de Abanqueiro para conmemorar o Día da Paz.

¡Lume!

 

Xornadas formativa de interese

Xornadas formativa de interese

Concello de Boiro

 

FOTOGRAFÍAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Boas!

Aquí queda a proba fotográfica do que fixemos e como o pasamos dende o primeiro día deste curso ata o día de hoxe. Poderedes ver fotos das actividades que fixemos na aula, do Nadal, do Día contra a Violencia de Xénero, da visita ao Concello de Boiro, do magosto... Veredes que ás veces cóstanos sacar unha foto todos xuntos sen que non haxa movementos! Non sei a que estades esperando!        

Test de antíxenos COVID-19 orais

Test de antíxenos COVID-19 orais

 

A Consellería de Educación vén de repartir test de saliva de antíxenos COVID-19 para ser empregados cando o indique a CSC ante a aparcición dun caso COVID no grupo. O uso dos test está moi limitado a casos concretos. O centro avisará ás familias (do alumnado de Primaria que sexa seleccionado) cando poidan dispoñer dun destes test.

Estes test facilitaranse dende o centro educativo e deberán realizarse no domicilio familiar seguindo as indicacións que a continuación se indican:

  1. Asegurarse de que o neno ou nena non coma, beba, cepille os dentes nin mascara chicle polo menos 30 minutos antes da recolección da saliva.
  2. Non se deixará caer o hisopo, de ter que empregarse, nin depositalo sobre ningunha superficie.
  3. O cativo deberá respirar profundamente e logo tusir de 3 a 5 veces nun pano desbotable.

Ademais indicamos un vídeo explicativo de como se realiza a toma da mostra:

Calendario

Tamén fixemos un calendario entre todos os centros.

A nós tocounos elaborar un mes moi chulo! Que vos parece?

Actualización das normas de actuación perante a presentacións de casos positivos

Actualización das normas de actuación perante a presentacións de casos postivivos

Actualización a 14 de xaneiro de 2022

 

¿Que fago se o meu fillo ten síntomas compatibles coa COVID?

Se o alumnado ten calquera sintomatoloxía compatible coa COVID debe proceder como se viña facendo: NON PODE asistir ao centro educativo de maneira preventiva e debe solicitar cita co pediatra que indicará o procedemento a seguir, que habitualmente será a realización dunha PCR para descartar a COVID.

 

¿Que fago se un dos membros da miña unidade familiar é un caso positivo?

Procedemento do profesorado perante un positivo COVID

Procedemento de actuación ante un positivo COVID

  

 

Logo da realización dun test de antíxenos que de positivo debemos realizar 2 pasos: realizar a autodeclaración de caso sospeitoso e notificación de baixa.

PASO 1: Ir a Autodecalración de caso sospeitoso e cubrila para notificar o caso ao Sergas e os rastrexadores se poñan en contacto.

O alumnado de 4º bailando unha muiñeira

Certo que podía estar máis ensaiada... A culpa é do profe que faltou algún día!

De todos xeitos... que maneira de bailar a deste de 4º!

Actividades do Concello durante o NADAL

Actividade do Concello de Boiro durante o NADAL 21

 

 

 

 

Axunto tamén poden atopar carteis individuais das actividades propostas.

Canción común de Nadal

No proxecto eTwinning seleccionouse unha canción común para realizar en Nadal.

Esta é a nosa versión da canción realizada polo alumnado de 5º de Primaria.

De seguro que xa a víchedes no festival deste curso!

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA CÁRITAS

Queremos agradecer a colaboración das familias na recollida de alimentos en favor de Cáritas.

Festival de Nadal 2021-2022

Festival de Nadal de 2021

 

A continuación disporán da emisión do festival. 

De producirse algún erro de retransmisión, nesta mesma páxina, procederemos a intentar solventar o problema.

ENTREGA DE MÁSCARAS

A continuación poden consultar a listaxe de alumnos admitidos para a distribución de máscaras. Este listado tamén se atopa no taboleiro do centro.

Instrumentos tradicionais

Estivemos traballando os instrumentos tradicionais e realizamos de debuxos dos mesmos.

Esta é unha mostra do traballo realizado polo alumnado de 3º de Primaria.

Distribuir contido