blogue defran.alonso |
En axuntos poderán atopar a ficha de inscripción nas actividades extraescolares ofertadas pola ANPA Napabán. Este documento será enviado tamén nas mochilas do alumnado o luns 21. |
|||
A continuación teñen a información de renovación da cota de socio da ANPA. |
|||
MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR Axunto poden consultar os menús que servirán no comedor escolar. Este curso, por motivos de seguridade, non se mandarán os menús en papel pero sempre poderán consultalos neste post. Iranse engadindo en axuntos os menús mes a mes.
|
|||||
MATERIAL ESCOLAR DO CURSO 2020-2021 Estas son as listaxes de material escolar para este curso (ponde consultalos en axuntos) índa que deben lembrar as seguintes normas xerais: |
|||
AUTORIZACIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO Como todos os principios de curso é necesario renovar certas autorizacións, estas son as que seguen: |
|||||
Servizo de Madrugadores A ANPA Napabán comeza a poñer en marcha o servizo de Madrugadores para o cal se debe cubrir e asinar a folla de inscrición axunta a este post. Mail de Napaban napaban@gmail.com |
|||||
Declaración Responsable De obligatorio cumplimento para as familias. Dende a Xunta establecen a obriga de que as familias entreguen asinada unha Declaración Responsable, que poderán descargar (ver arquivos axuntos) ou solicitar na secretaría do centro, o máis pronto posible. |
|||
Período de adaptación de 4º de Infantil. Curso 2021-2022 Como todos os cursos e tal e como establece a Orde de Calendario Escolar para o curso 2021-2022, o inicio de curso para os máis pequenos (4º de Infantil, é dicir, 3 anos) realizarase de xeito escalonado. |
|||
|
|||
|
|||
CONVOCATORIA DE AXUDAS NEAE Convocáronse axudas para alumnado con necesidade educativas especiais. O prazo de presentación, no centro educativo (pois debe levar o visto e prace da inspección) é dende o 9 de agosto ata o 30 de setembro. Para a solicitude destas axudas é necesario que exista certificación de discapacidade ou informe médico que o acredite. Maís información en: http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html |
|||
Presentación de documentos asinados dixitalmenteEste tipo de documentos son perfectamente válidos e non é necesario ir en persoa ao centro, polo que é cómodo por se non se pode ter dispoñibilidade nas horas de oficina de secretaría. Necesitaremos DNIe ou cetificado dixital. |
|||
Lisaxe definitiva de adxudicación de Fondo Libros No arquivo axunto poden consultar os libros adxudicados pola aplicación Fondo Libros en función da Renda. Para os cursos de 3º e 5º, deberán mercar os libros que NON aparecen na listaxe. Os libros da listaxe serán mercados polo centro educativo. Para o alumnado de 1º e 2º haberá vales para recoller no centro, ao igual que os vales para merca de material. |
|||
Listaxe provisional de Fondo Libros Nas listaxes axuntas publícanse as adxudicacións provisionais de de libros e de vales para adquisición de material, así como os motivos de non concesión. Para interpoñer reclamación dispoñen ata o fin de semana. Se queren coñecer os datos de Renta que aporta facenda e que soen ser a principal causa de non concesión, poden chamar por teléfono e comprobar se coinciden cos que vostedes dispoñen. Para interpoñer a reclamación deberán presentar documentación acreditativa que a xustifique e demostre que os datos facilitados pola Axencia Tributaria non sos os correctos. |
|||
Convocados os Campamentos de Verán da Xunta de GaliciaNa seguinte ligazón poden obter a información relativa á inscripción de alumnado nos campamentos de verán da Xunta de Galicia: ORDE do 9 de xuño de 2020 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2020 e se procede á súa convocatoria. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »