blogue dearanchapernas

RESULTADOS PLÁSTICA

Hello! How are you?

Vou colgar as fotos que me fostes enviando coas vosas manualidades, que por certo quedáronvos xenial.

Mirade qué chulo lle quedou o Easter Bunny a Nerea.

 

Este coelliño tan chulo fíxoo Nerea.

ACTIVIDADE PLÁSTICA VENRES 3

Good morning!! How are you today?

ACTIVIDADES INGLÉS XOVES 2

Good morning!

How are you? Did you like the video?

Para hoxe propóñovos facer algunha actividade relacionada con Pascua (Easter), xa que non podemos facer a nosa xa tradicional Easter Egg Hunt (caza do ovo de Pascua):

1º Repasar a tradición inglesa desta celebración na presentación que vos axunto.

2º Facer a ficha Our Easter Reading Comprehension: unha lectura sobra a Pascua cuns exercicios a resolver.

3º Facer o Easter Crossword que vos axunto, non fagades trampa porque na segunda páxina van as solucións.

ACTIVIDADES INGLÉS XOVES 2

Good morning!

How was the video? Did you like it? Sabedes que podedes escribirme tamén para contarme que tal levades o confinamento e as actividades de inglés no correo ceipabanqueiro@gmail.com

Para hoxe propóñovos facer algunha actividade relacionada coa Pascua (Easter), xa que non podemos facer a nosa xa tradicional Easter Egg Hunt (caza do ovo de Pascua):

1º Repasar a tradición inglesa desta celebración na presentación que vos axunto.

2º Facer a ficha Our Easter Reading Comprehension: unha lectura sobre a Pascua cuns exercicios a resolver.

ACTIVIDADES INGLÉS MÉRCORES 1

Good morning!

How was the video yesterday? were you scared? Cómo foi o video de onte? Tivestes medo? Seguro que a Manuel, por exemplo, encantoulle.

Hoxe propóñovos xogar ao TRIVIAL. É unha actividade de repaso de varios temas, así que fixádevos ben. 

TRIVIAL


Vémonos mañá con máis cousiñas.

See you tomorrow!

ACTIVIDADES INGLÉS MÉRCORES 1

Good morning!

Next week we celebrate EASTER. A vindeira semana como xa sabedes celebraremos a Pascua, así que hoxe propóñovos algunha actividade de repaso desta celebración.

Primeiro repasade un pouco o vocabulario típico con este video:

EASTER VOCABULARY

Logo podedes facer unha sopa de letras que vos axunto. Na segunda páxina tedes as respostas, pero non miredes ata rematar, eh! non fagades trampa.

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 31

Good morning!

Qué tal vos foi a ficha de onte? Déixovos as solucións para que fagades autocorrección.

A continuación propóñovos ver un video sobre a natureza marina no canal de National Geographic for kids. Recomendo que o vexades 3 veces: unha tal e como está, outra poñendo os subtítulos en inglés e a última poñendo os subtítulos en castelán.

Swimming with Giants

Espero que vos guste,

Arancha

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 31

Good morning! How was your weekend?

Hoxe propóñovos unha actividade que consiste en ver un video e ir respondendo ás preguntas que vos preparei, deste xeito traballamos o listening ou a comprensión oral. Estade moi atentos, eu verei a voso traballo na aplicación. Ao final non tiven que empregar os correos dos vosos pais, descubrín outra forma de darvos de alta. Os pasos a seguir son:

1º Tedes que entrar en EdPuzzle: edpuzzle.com

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 31

Good morning again!

How was your Yoga lesson yesterday? Cómo foi a vosa sesión de yoga de onte? Podedes contarmo se vos apetece escribíndome á dirección de correo ceipabanqueiro@gmail.com

Hoxe imos a seguir xogando pero neste caso repasando moitas cousas que xa aprendimos. Nesta páxina podedes seleccionar o xogo na pestana que aparece arriba de todo de GAMES ou mellor o TOPIC, que sería o tema sobre o que irá o xogo porque do outro xeito podedes entrar en vocabulario que non demos.

Déixovos aquí o enlace: ESLGAMES

ACTIVIDADES INGLÉS LUNS 30

Good morning!

How are you?

Para hoxe propóñovos facer unha ficha de repaso da unidade 4 que rematamos xusto antes de deixar o cole.

Tamén vos deixo por aquí un xogo para repasar o Simple Past.

QUIZ

Mañán estarei de volta con máis cousiñas. Que pasedes un bo día.

Have a nice day!

Arancha

ACTIVIDADES INGLÉS LUNS 30

Good morning! 

How are you today?

Como ben sei que aos meus alumnos de 3º lles encanta facer Mindfulness, hoxe propóñovos facer unha sesión de yoga en inglés. Como dura uns 30 minutos penso que xa é suficiente.

Estade ben atentos porque tamén é importante que sigades escoitando cousas en inglés.

YOGA FOR KIDS

ACTIVIDADE PLÁSTICA VENRES 27

Good morning!

How are you today? I'm fine but I miss you so much.

Hoxe teríamos Arts and Crafts así que vouvos propoñer unha actividade de Easter (Pascua) porque xa nos estamos acercando.

Esta actividade consiste en facer unha Easter Bunny Puppet (unha marioneta do coelliño de Pascua).

No arquivo axunto déixovos unha imaxe do resultado final e na segunda páxina a plantilla para imprimir, colorear, recortar e dar forma.

Espero que vos guste.

FOTOS DE TODOS E TODAS

Ola a tod@s!

Gustaríanos facer unha montaxe con todas as fotos que estades enviando tanto ás mestras de infantil como á profe Dulce. Por iso, necesitamos máis fotos onde saiades vós cos vosos arco iris ou con frases de que todo vai saír ben ou de eu quedo na casa, o que prefirades.

Aqueles que aínda non enviastes a foto podedes facelo ás direccións de correo que vos facilitaron as mestras de infantil ou Dulce ou á do cole: ceipabanqueiro@gmail.com

ACTIVIDADES INGLÉS MÉRCORES 25

Good morning!

Espero que todos sigades ben.

As actividades de hoxe serán facer unha pequena ficha de repaso das preposicións e xogar ao Pacman.

PACMAN

Have a nice day! See you  next week!

Arancha

ACTIVIDADES INGLÉS MÉRCORES 25 e XOVES 26

Good morning!

Espero que todos sigades ben. A tarefa que vos propoño hoxe é facer unha redacción. Xa sei que é unha das actividades máis complexas en calquera lingua, por isto, elaborei unhas pautas a seguir, axudaranvos a redactar pouco a pouco a vosa historia. 

Non vos deixo máis traballo para esta semana porque son consciente do esforzo que supón esta tarefa.

Moito ánimo.

Have a nice day! See you next week!

Arancha

Distribuir contido