blogue demariaea |
Bos días chicas e chicos! Hoxe xoves traballaremos: - Lingua: Ler a páxina 182 e facer os exercicios 1 e 2 da páxina 183 e "Elabora o teu resumo". Para o exercicio 2 podedes empregar o documento que adxuntei para imprimir. - Matemáticas: Páxina 169. Exercicios 1,2 e razonamiento. - Naturais: Realizade o experimento que vos propuxen, pero acutando segundo o método científico. Vai explicado no documento tamén. Entrega para corrixir o grupo 3 Unha aperta! |
|||
Bos días chic@s! Onte produciuse un empate nos relatos en cadea! Os relatos escollidos foron os de Xoán e Nicolás Rey. Parabéns chicos! Xa que se deu esta situación a próxima semana podedes escoller entre dous comezos para o voso relato. "Los gnomos pueden viajar entre dimensiones" "Había que buscar la otra puerta, ya que esta solo era de ida" |
|||
Ola de novo! Lembrade que mañá temos videoconferencia. Mesma sala, mesmo contrasinal e mesma hora (de 11.15 a 12.15 e de 12.30 a 13.30). Tede a man os auriculares. Adxunto o material para imprimir que imos usar ao longo da semana. Saúdos! |
|||
Bos días chicas e chicos! Que tal foi o fin de semana? O traballo para hoxe será: - Lengua: Relatos en cadena. O relato escollido foi o de Nicolás Rey, que remata en "Una puerta a otra dimensión". Os vosos relatos teñen que comezar con esta oración e lembrade que non poden superar as 100 palabras. Esta actividade está aberta para que a entreguen todas as persoas que queiran participar, non só o grupo que envía para corrixir. Mañá na videoconferencia votaremos o relato que máis vos guste, así que tedes ata hoxe ás 12 da noite para enviar os vosos textos. |
|||
Ola chic@s! O traballo para mañá venres será: - Matemáticas: Imos comezar con Snappet, a ver que tal nos vai. Tedes colgada unha lección de matemáticas para traballar as unidades de lonxitude. - Sociais: Facede o control do tema 6. - Lingua: Expresión escrita: A noticia. Traballade co documento que vos enviei para imprimir. Envía para corrixir o grupo 3. Adxunto as correccións do traballo do mércores. |
|||
Bos días chic@s! O traballo para hoxe xoves será: - Lingua: Páxinas 168-169. Exercicios 1, 2, 3 e 4. - Matemáticas: Páxina 159. Exercicios 11, 12 e 13. - Naturais: Páxina 104. Exercicios 9, 10, 12, 13, 14 e 15. Entrega para corrixir o grupo 2. Adxunto a corrección do traballo do luns. Que pasedes un bo día! |
|||
Envieivos un abalar co usuario e contrasinal para acceder a Snappet. Saúdos! |
|||
Bos días chicas e chicos! O traballo para hoxe mércores é o seguinte: - Matemáticas: Páxina 158, exercicios 6, 8 e 9. - Sociais: Preguntas das páxinas 110 e 111. É o documento para imprimir "Sociais páxinas 110 e 111". - Lengua: Páginas 178-179. Ejercicios 1, 8, 9, 10 y 11. - Naturais: Páxina 104: 2, 3, 4, 6 e 7. Entrega para corrixir o grupo 1. |
|||
Ola! Seguindo a nosa rutina mañá teremos videoconferencia. Mesma sala, mesma hora e mesmo contrasinal. Tede a man o libro de matemáticas do segundo trimestre e os auriculares. Se tedes anotada algunha dúbida tédea tamén a man para resolvela. Saúdos! |
|||
Fixen unha nova entrada para evitar confusións coas correccións. Adxunto os arquivos para imprimir que iremos traballando ao longo da semana. Saúdos. |
|||
Ola! Agardo que pasarades un bo DÍA DAS LETRAS GALEGAS! Dígovos o traballo para mañá: - Lengua: Comprensión lectora. Páginas 174-175. Ejercicios 2,3,4,5,6 y 8 de la página 176. Además debeis hacer un resumen de la lectura en unas pocas líneas. Neste vídeo de youtube podedes ver o Vasa tras ser rescatado: https://www.youtube.com/watch?v=vOlvrvG_654 - Matemáticas: Página 158. Ejercicios 3,4 y 5. |
|||
Ola! O traballo para mañá venres será: |
|||
Ola chic@s! O traballo para o xoves é o seguinte: - Lingua: Comprensión lectora. Ler as páxinas 162-163 e facer os exercicios 2, 3, 6, 7, 9 e 11. - Matemáticas: Construír os poliedros que adxuntei para imprimir. Con estas figuras será máis fácil comprender o traballo de xeometría que corresponde ao tema 11. - Naturais: Facedes as fichas de densidade e de separación de mesturas. Entrega para corrixir o grupo 1. Adxunto a corrección do traballo do luns 11. |
|||
Bos días! O traballo para o mércores será: - Matemáticas: Como falamos onte na videoconferencia faredes o exercicio 1 da páxina 156. - Lengua: Hoxe propóñovos un relato en cadea. Debe ter menos de 100 palabras e comezar por "Al final del pasillo..." Tedes máis información e uns consellos no documento impreso. Esforzádevos e escribide o relato que vos gustaría ler. |
|||
Ola! Mañá como xa sabedes temos videoconferencia. Será todo igual que as veces anteriores: hora, dirección e contrasinal. Imos traballar matemáticas, así que tede o libro do segundo trimestre. Lémbrovos: quenda 1 de 11.15 a 12.15 e quenda 2 de 12.30 a 13.30. Non esquezades os auriculares. Ata mañá! |
|||