blogue dearanchapernas |
O alumnado de primaria levou a cabo diferentes activiades de plástica relacionadas con Halloween, unha delas foi un mural colaborativo coa técnica da pintura soplada. Logo de deixalo secar, cadaquén deu forma á súa criatura fantástica. Entre todos tamén pensaron nun título arrepiante. |
|||
Un ano máis vos convidamos a participar na carreira solidaria contra a leucemia infantil que se celbrará no noso centro o venres día 20 de outubro ás 13h.
A vosa meta é a nosa meta!
|
|||
|
|||
Con motivo da celebración de DIWALI na India, a nosa auxiliar de conversa explicou ao alumnado en que consiste esta festividade, que simboliza victoria do ben sobre o mal. Nas casas indias adoitan facer mosaicos con arroz, fariña seca, area pintada e pétalos de flores para decoralas chamados RANGOLI. O alumnado de 5º e 6º fixo unha represetación similar empregando pratos de cartón, papeis de cores, troqueles, pompóns, etc. |
|||
|
|||
Estas semanas o alumnado de 6º de primaria estivo aprendendo a redactar unha receita en inglés. Fixeron as súas presentacións e puidemos degustar os deliciosos pratos que elaboraron. Esta recetas formarán parte dun recetario que imos elaborar en varios idiomas. Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración. Estaba todo riquísimo!! |
|||
A semana pasada tivo lugar unha actividade colaborativa entre toda a comunidade educativa do noso centro que consistiu en pintar un mural co nome do centro e difentes imaxes relacionadas co fondo mariño representando así o significado etimolóxico de Abanqueiro: banco de ostras. Tamén pegamos trozos de azulexos doados polas familias e algunhas empresas da contorna que nos gustaría mencionar para agradecer públicamente a súa colaboración: - Saneamientos Alcalde - Material de construcción MCE Espiñeira - Almacenes Areeiros - Estudio en las nubes - Ferralla Calo - EmeOtero - Felipe Ces - José Pérez Domínguez, S.L. Tamén queremos agradecer a colaboración de AMICOS nesta xornada inclusiva onde todos disfrutamos moito. Todo este traballo foi posible e dirixido grazas a Gerardo Rodríguez “Chere”, profesor de Formación Profesional e experto muralista e á súa colaboradora Susana Ferradás, mestra de Debuxo Técnico de Educación Secundaria. Agradecemos ás familias a vosa colaboración. Deixámosvos un pequeno video resumo da evolución e un recopilatorio de fotos. https://photos.app.goo.gl/wv47XixgJXnVGiMB8 |
|||
Informámoslles de que dende hoxe, día 25 de abril, as listaxes de alumnos admitidos para o vindeiro curso están publicadas no taboleiro do centro, tal e como indican as instrucións da Consellería de Educación. Podemos dicirlles que todos os alumnos que solicitaron matrícula no noso centro están admitidos por non superar as prazas ofertadas. O día 15 de maio publicaremos as listaxes definitivas e deberán confirmar a súa praza entregando o seguinte impreso na secretaría do centro, onde tamén poden recollelo.
|
|||
|
|||
O pasado xoves 2 e venres 3 de febreiro, o alumnado de Abanqueiro visitou o Pazo de Goiáns, alí aprendemos moito sobre árbores centenarias e tamén estivemos prantando. Logo puidemos entrar no Pazo e aprender un pouquiño da súa historia. Encantounos a historia da serea Mariña. Aquí vos deixamos unha reportaxe da nosa visita. |
|||
O alumnado de 3º a 6º de primaria asistiu o pasado 17 de febreiro a unha obra de teatro en inglés: Treasure Island. Aproveitamos a visita para coñecer o Museo do Pobo Galego e o Museo de Arte Contemporáneo.
|
|||
Dende o departamento de Arts fixemos varias cousiñas para conmemorar o Día da Paz: un mural colaborativo e unha coroa por cada aula de primaria. |
|||
Hoxe recibimos un agasallo dende Polonia que nos fixo moita ilusión. Na cidade de Torun teñen unha das máis importantes fábricas de xenxibre e dende alí nos enviaron varias galletas para probar: de limón, con ciruela, con chocolate... e para os alumnos de 4º e 6º unha barriña de chocolate. Recibimos con moito entusiasmo este agasallo: |
|||
Nesta ocasión o alumnado de 4º e 6º de primaria gravou un video dicindo o abecedario en lingua castelá que verá o resto de países participantes. Xa puidemos ver como é o abecedario en ruso e en turco! |
|||
Queremos agradecer o traballo e o esforzo das nenas e nenos de Abanqueiro nas diferentes actuacións do Festival de Nadal. Tamén queremos agradecer a colaboración das familias para que de forma cívica este acto se puidera levar a cabo. No seguinte enlace podedes atopar todas as actuacións: |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »