BookFace

Quen non soñou algunha vez con ser o protagonista dun conto?, que a súa cara formara parte da portada do mesmo, vivir as aventuras que hai dentro de eles, ou que os contos cobraran vida?.

Hoxe é o día do libro, e ao longo de esta semana estivemos a facer moitas actividades para conmemorar desde a biblioteca do Santa María, un día tan especial, entre elas botándolle cara e dándolle vida aos libros que máis nos gustan con este bookface.

Desde convertirnos en monstros, a deixar voar os paxariños que temos na cabeza, a ser uns choróns, expresar os nosos sentimentos,,, profes, alumnado e persoal non docente botáronlle cara, por que vale a pena que che rouben unha bágoa, un suspiro, unha risa, un alento... se o ladrón é un libro!!, este é o resultado, agardamos que vos guste.

Feliz día do Libro!!