QUE É UN AVÓ PARA TI?

O día 1 de outubro celebrouse o Día dos maiores e no noso cole fixemos uns murais por aulas nos que os nosos rapaces reflexaron o que son os avós para eles. Estes traballos enviámolos ó centro de maiores de Guntín que os recibiron encantados.