Letras Galegas 2022

Adicamos o mes de maio ás Letras Galegas. O día 13 de maio contamos coa actuación de Magín Blanco: " O que levamos nas maletas". O alumnado disfrutou de cancións no patio do cole en galego. Igualmente a través do mateiral da Primavera das Letras, do Seminario Galán e do material creado pola mestra Mila,  coñecemos o autor homenaxeado: Florencio Delgado Gurriarán. O alumnado realizou  traballos durante todo o mes. Por último o 20 de maio realizamos unha videoconferencia con Lucia Gómez, autora do libro adaptado a pictogramas da colección lectura fácil da Editorial Galaxia: Un legado infindo; onde lle fixemos preguntas e ela recitou algún dos poemas de Florencio que máis lle gustaron. Coma sempre, grazas a todos pola vosa colaboración e en especial a Lucía e Magín por traer maxia ao noso cole.