Día dos Bosques do Síndrome Down

Hoxe é un dia grande, o día dos bosques e o Día da Síndrome de Down e, como é tan importante, quixemos celebralo dunha maneira especial coa xa nosa familia do CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela, que cada ano comparte un día con nós.

Escollemos o conto "Un bosque mágico para ti" e, a través dese conto que nos uneu, soñamos e creamos o noso bosque máxico cheo de calcetíns desparellados.

No CEE Santa María esperámosvos cos brazos abertos, grazas por compartir momentos con nós, e moitas grazas en especial ao alumnado por contarnos un conto tan bonito e á Profe Cris por facelo posible.

E recordade, A VIDA NON SE MIDE EN CROMOSOMAS, MÍDESE EN COMO SOMOS.