hoxe é o día do fútbol feminino, para conmemoralo onte acompañáronnos Iria e Marta do Club Deportivo Lugo, foi unha mañá xenial, conversamos, sacamos fotos, firmaron fotos dedicadas, e ata xogamos un partido con elas. Foi unha mañá na que desfrutamos moitísimo, e aprendimos moitos valores, entre eles que o fútbol como calquera deporte pode ser tamén cousa de chicas!!!
Feliz día a todas as futbolístas!!!
Fixéronse de rogar pero aquí tedes as recomendacións lectoras de Mérida para Maio, Emocións, Familias, Maios, Abellas, e Luisa Villalta, a nosa homenaxeada nas Letras Galegas.
Hoxe tivemos unha mañá do máis entretida!!!, Pablo de van_kraft está facendo un graffiti no noso cole e hoxe invitounos a colaborar!!!, para moitos foi unha experiencia super divertida!!!
E así remata a semana do libro, coa entrega de premios e diplomas aos participantes no concurso de marcapáxinas en familia, por parte das nosas axudantes de Mérida Noraboa as familias de William, Diego, Katy e Hugo por ser os gañadores!!!, os marcapaxinas foron impresos e agasallamos a todos os compañeiros do cole con eles
#VoluntariadoNaBiblio
Así estamos a celebrar a Semana do Libro no cole, iniciamos hoxe a mesma con un museo Literario que enche de contos e ledicia os corredores do noso centro!!!
FELIZ DÍA DO LIBRO!!
Así de colorido deixaron o noso pavillón un grupo de alumnos/as do CIFP Politécnico de Lugo!!!, crearon un espazo cheo de xogos co que estamos segurXs de que diafrutarémos un montón!!!, mil grazas!!!, esperámosvos para unha xornada divertida de xogos!!
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2017 |