Blogue de Angela

O Magosto

Durante a semana do Magosto fixemos distintas tarefas: manualidades, xogos e comer castañas asadas. Todo o alumnado do cole participou nas distintas actividades, sempre atendendo o protocolo Covid. 

 

 

 

 

As castañas e a amizade

Como ben sadedes esta è a semana na que celebramos o Magosto no cole, as protagonistas do magosto son as castañas, que antiguamente eran símbolo dun valor tan preciado como è a AMIZADE, as nenas da Aula 5 decoraron unhas castañas con pintura e meteronas en bolsitas que apareceron por sorpresa ao longo de esta semana polas aulas, para brindar a súa AMIZADE a todos os seus  compañeiros do cole.

Extra! Paco Nogueiras

O 18 de novembro, en colaboración co Equipo de Biblioteca e Actividades Extraescolares, e para seguir a celebrar o Magosto, contamos coa actuación de Paco Nogueiras co seu libro cd Extras!, grazas a rede cultural da Deputación de Lugo. Un gran día de festa no noso centro.

 

O Magosto

Nesta semana estamos a facer distintas actividades relacionadas co Magosto. Contaremos coa actuación de Paco Nogueiras e faremos un Magosto típico do centro. Durante toda a semana o alumnado está a desfrutar de xogos relacionados coas castañas. Unha das actividades que realizamos foi confeccionar os carteis, por aulas, das regras dos xogos. Quedaron preciosos.

 

 

"Samaín en LSG"

O alumnado de peiteado xunto coa aula 9 preparou un vídeo do traballado na festa do Samaín en Lingua de signos en galego. Esperamos que vos guste.

As aventuras da vieira Migueliña no camiño de Santiago.

En colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares puidemos disfrutar do contacontos " As aventuras da vieira Migueliña no camiño de Santiago", da Fundación Fundamar e promovida polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega. Ademais do conto contamos cun taller de Origami.

 

 

Calendario Estiño

Neste novo curso seguimos a participar no calendario Estiño con outros centros de Lugo. Este ano, o calendario, está adicado á meteoroloxía. Dado que nos contamos cunha estación meteorolóxica, grazas o plan proxecta de meteoescolas, este ano o noso debuxo vai adicado a dita estación, debuxando termómetros e cataventos. Dende o EDLG, preparamos este vídeo coordinado pola mestra Marta Manso, para que disfrutedes dos nosos traballos e as nosas obras de arte. Seguiremos a traballar sobre o proxecto, xunto co equipo de meteoescolas.