23/06/2022 12:30
No mes de Xuño, no María Mariño tamén estivemos movendo o esquelete con moitas actividades deportivas, coñecendo a moita xente maravillosa. Gracias a tod@s pola participación. Aquí queda un vídeo con algunhas imaxes sobre estas actividades.
|
|||
22/06/2022
Dende o RC Deportivo, envíannos información sobre o campus de verán. Achegámosvos o enlace para información e inscripción. http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/genuine-2022/inicio
|
|||
21/06/2022
Xa se achegan as vacacións... Foi un curso cheo de aprendizaxes para todas e todos, e o día 22 poñeremos broche final a este curso 21-22. Adxuntamos a circular de fin de curso con información detallada. |
|||
18/06/2022
PFFPB de Xardinería e Viveirismo: Rematamos o noso traballo no IES Menéndez Pidal por este curso. Seguiremos ca mesma ilusión despois do verán... Presentamos o segundo titorial "Mellorando o noso entorno II" e actualizamos o noso Diccionario visual. Neste vídeo (vídeo HD) poderedes ver algúns dos nosos traballos de este curso tanto en Zalaeta como no CEE María Mariño. A música do vídeo compuxérona os alumnos de música do IES Ramón Menéndez Pidal. |
|||
10/06/2022
Antes de rematar o curso, fixemos unha saída á praia de Santa Cristina a facer unha actividade de Plogging. Trátase dunha actividade deportiva na que ademais coidamos o medio ambiente. ¿que vos parece? |
|||
03/06/2022
Este mes de maio, no noso cole fixemos moitas actividades para mover o corpo. Aquí queda un video con algunhas delas. Xa estamos disfrutando as que nos ten preparadas o mes de xuño! ^-^
|
|||
02/06/2022
Xa estamos rematando o proxecto ECO-SEGURIÑO, e queremos deixar por aquí unha das actividades que realizamos e na que aprendimos cousas importantes sobre os pasos de peóns.
|
|||
20/05/2022 13:26
Dende o día 19 de maio de 2022, comezou o prazo para solicitar as bolsas de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, o cal remata o 30 de setembro de 2022. |
|||
22/04/2022
|
|||
22/04/2022
Estimadas familias: Adxuntamos a última información emitida pola Consellería de Educación sobre o uso das máscaras no ámbito educativo. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »