Xardinería e Viveirismo

Últimas visitas aos centros cos que mantemos convenios de colaboración

10/06/2024

- Temos moita sorte de poder traballar xunto co IES Ramón Menéndez Pdial e co IES Rego de Trabe.. Pero  damos por rematada a colaboración por este curso 2023-24. Despedimonos con talleres de enxerta e rega, traballando cos compañeiros e compañeiras dos inistitutos e incluso cunha boa merenda... Ata o curso qie ven!

 

 

 

 

Día da Ciencia na Rúa

Este sábado 4 de maio, mestres e alumnado do centro participaron no Día da Ciencia na Rúa organizado polo Concello da Coruña en colaboración con diversas institucións científicas e educativas; co obxectivo de achegar a ciencia e a tecnoloxía á cidadanía, expoñendo técnicas de xardinería, viveirismo, e creando un hotel de insectos. Parabéns!

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/vivir-coruna/2024/05/04/dia-jovenes-convirtieron-divulgadores-cientificos-casa-das-ciencias/00031714842179426513970.htm

Publican en Zalatecno o titorial que preparamos sobre paxaros do xardín

17/04/2024

- Zalatecno publica o titorial que preparamos para o IES Ramón Menéndez Pidal...

ver presentación

Taller de enxerta e fitopatoloxía aplicada no IES Ramón Menéndez Pidal

16/04/2024

- O IES Ramón Menéndez Pidal publica en Instagram a nosa última visita...

ver publicación

Taller de enxerta no IES Ramón Menéndez Pidal.

09/04/2024

      - 

O pasado xoves impartimos un taller de enxerta  ao alumnado do IES de Zalaeta. Patrón, púa, variedade tradicional galega, variedade comercial... novos conceptos que nos axudan a comprender o sector agrario, e de onde proceden algúns dos alimentos que atopamos na neveira...

 

   

 

- Desgraciadamente vemos na primeira forto que a palmeira do patio finalmente secou, a pesar dos productos fitosanitario aplicados. Vemos nas fotos seguintes ao responsable da sua morte: o picudo vermello (Rynchophorus ferrugineus) e as cámaras que fai para facer a metamorfose e convertirse en adulto.

 

   

Rematamos o segundo trimestre do curso 2023-2024.

07/04/2024

- Seguimos traballando e aprendendo máis cousas sobre xardinería, viveirismo, ecoloxía, paisaxe... e a vivir un pouquiño máis en contacto ca natureza.

ver traballos

E voltamos ó IES Rego de Trabe en marzo

10/03/2024

- Esta vez preparamos co alumnado do IES un bancal con tomate, xudía, leitugas e acelgas. Preparamos o entitorado do tomate, podamos unhas froiteiras, acabamos de encher a xardiñeira de madeira de sustrato, colocamos malla anti-herbas cun acolchado de cortiza de piñeiro... Unha mañana moi ben aproveitada...

Acudimos á nosa visita mensual ao IES Rego de Trabe

25/02/2024

- Na visita de este mes, traballamos co alumnado do IES nos hortos urbanos. Seguimos tamén a traballar no talud de acceso ao edificio, preparando o terreno para plantar especies ornamentales na primavera. No espazo dedicado a hortos urbanos, montamos unha xardineira de madera, que transportamos desde o seu emplazamento orixinal. Agora queda seguirlle aportando sustrato e replantala de novo...

Defensores da fala...

13/02/2024

- Podedes ver a continuación algún detalle máis da actividade organizada por Zalalingua Merendas con Isabel Zandal, da que xa falamos o outro día

ver páxina web

PFFPB de Xardinería e viveirismo: resumo de actividades do primeiro trimestre.

13/02/2024

-O obxectivo do noso traballo no CEE María Mariño é integrar aos nosos alumnos e alumnas na sociedade, para que leven unha vida plena, que desenvolvan a súa personalidade. Continuando co esforzo do noso profesorado de Primaria e Secundadaria, na Formación Profesional adaptada traballamos para que esa integración teña unha compoñente laboral, para que aprendan un oficio que lles poda porporcionar algún día unha independencia económica. Tempo libre e dinero... A verdadeira libertade dunha persona está na súa vida privada. Presentamos a continuación como exemplo, un resumo dos traballos realizados por unha das especialidades de Formación Profesional, o PFFPB de Xardinería e viveirismo:

Ver traballos

 

Distribuir contido