Este mércores, o alumnado do centro vivenciu a segunda saída do presente do curso aos Museos Coruñeses. Neste caso tivemos a oportunidade de visitar a Casa do home (DOMUS); participando interactivamente nas diversas propostas do museo, aprendendo con elas, e rematando a visita co visionado dun corto nas instalacións. |
|||
No día de hoxe visitou o noso centro Manel Villadóniga, mestre tirador (e Campión Mundial) do clube de esgrima 100Tolos; levando á cabo unhas sesións centradas no coñecemento e práctica deste deporte; favorecendo a adquisición por parte do alumnado de habilidades, respeto a normas, estratexias e toma de decisións. |
|||
07/01/2024
- E rematamos o ano facendo diversas actividades sobre temática navideña: o Apalpador, carteleiras sobre nadal, actividades cos outros equipos de dinamización do centro... E como remate final, Santa Claus fíxonos unha visita! Carteleira de educación primaria e secundaria Cartelira para educación secundaria e formación profesional Actvidades celebradas en colaboración con outos equipos do CEE María Mariño - E a visita de Santa Claus:
|
|||
Dende o CEE María Mariño, queremos aproveitar para desexarvos un Bo Nadal, no que disfrutar como se merece dos seres queridos. Felices festas! |
|||
No día de hoxe, o alumnado visitou a Casa das Ciencias da Coruña, para asistir no seu planetario á sesión "O ceo de Cloe"; percorrendo unha viaxe a través das estrelas, as súas características, as Galaxias e a Vía Láctea. |
|||
03/12/2023
- O que antes chamábamos TBO, foi pouco a pouco evolucionando en contido, calidade de debuxo e diálogos, temática, etc hasta o que hoxe en día chámase comic ou banda deseñada (BD). Ampliamos os nosos fondos de comics aproveitando tamén o tema do proxecto de centro de este curso, sobre A Coruña. A combinación de debuxo e literatura é unha boa forma de fomentar a afección pola lectura.
|
|||
03/12/2023
- Traballamos por desenvolver todas as facetas da personalidade do noso alumnado: impartironse no espazo da biblioteca charlas sobre cyberbullying e sexualidade para os alumnos dos programas formativos de formación profesional básica e secundaria. |
|||
03/12/2023
- O ano pasado o PFFPB de Cociña acadou o primeiro premio no I Concurso de Baristas, celebrado no pazo de Goiáns (Pontevedra). No curso 2021-22 o PFFPB de Xardinería e Viveirismo acadou a medalla de bronce no I Campionato FPSkillsbasica. Neste curso presentamonos de novo ás GaliciaSkills2023, pero non puido ser esta vez... De todas formas ahí queda o esforzo dedicado a preparar as probas, e a ilusión ca que xa estamos a preparar as seguintes. Parbéns ao noso equipo. |
|||
Hoxe tivemos a oportunidade de disfrutar dunha visita moi especial. En véspera do Día Internacional das Persoas con Discapacidade; pasou polo centro o xogador de tenis de mesa Alberto Seoane (internacional español); poñendo en práctica unha sesión na que nos contou a súa experiencia persoal, a preparación de cara aos Xogos Paralímpicos de París 2024, e o xeito de acadar os logros acumulados ao longo da traxectoria profesional. Posteriormente, ofreceuse a xogar uns partidiños co alumnado, permitindo vivenciar a práctica deste deporte dun xeito lúdico e especial. |
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »